Muere un peregrino alemán después de una reyerta en una calle de Pontevedra

El hombre falleció en el hospital varios días después a causa de los golpes sufridos
Los hechos tuvieron lugar en un tramo de la calle Benito Corbal. GSV
photo_camera Los hechos tuvieron lugar en un tramo de la calle Benito Corbal. GSV

Os axentes da Policía Nacional de Pontevedra investigan a morte dun peregrino alemán de 42 anos que participou nunha liorta nun punto da rúa Benito Corbal.

O suceso tivo lugar o pasado luns 12 de agosto, cando a vítima –de nome Björn Hoffmanatopábase de festa nun local desa zona. Por causas que aínda se descoñecen, o peregrino acabou enfrontado a un pequeno grupo de persoas en plena rúa.

Segundo informa a Policía Nacional, o home recibiu un empuxón durante a discusión e acabou caendo ao chan, golpeándose a cabeza contra o pavimento.

Os efectivos policiais desprazados ao lugar instaron o peregrino a acudir a un centro médico pero, ao non presentar feridas exteriores, rexeitou tal termo.

Máis tarde, e cando xa se atopaba en Caldas, Hoffan empezou a sentir malestar e acudiu ao centro de saúde, desde onde foi trasladado pouco despois ao Hospital Montecelo. De aí, o home foi derivado –xa en coma– á UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro, onde permaneceu ata o pasado fin de semana, cando se confirmou o óbito por mor das lesións sufridas.

A Policía tratará de confirmar agora, cos datos da autopsia, se a morte produciuse pola caída contra a beirarrúa derivada do empuxón propinado por un dos participantes na discusión.