viernes. 03.04.2020 |
El tiempo
viernes. 03.04.2020
El tiempo

Morre un traballador e outro resulta ferido nun accidente laboral no Porriño

Accidente laboral mortal no polígono da Granxa en O Porriño. TVG
Accidente laboral mortal no polígono da Granxa en O Porriño. TVG
O falecido é un veciño de Tomiño

Un accidente laboral no polígono da Granxa, en O Porriño, deixou este sábado un traballador sen vida e outro ferido. Segundo informa o 112 Galicia, a vítima mortal faleceu no acto ao caerlle un palé enriba. Trátase dun veciño de Tomiño.

Os operarios estaban cargando un camión sobre as dúas da tarde cunha elevadora cando o cesto virou e a carga atrapou un deles, que faleceu. O outro sufriu danos e tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Ata o polígono desprazáronse efectivos do 061, os Bombeiros do Baixo Miño, Protección Civil, Garda Civil e Policía Local.

 

Morre un traballador e outro resulta ferido nun accidente laboral...
Comentarios