miércoles. 21.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 21.04.2021
El tiempo

Morre unha muller de 39 anos nun accidente de tráfico en Carnota

O vehículo do accidente mortal de Carnota. TVG
O vehículo do accidente mortal de Carnota. TVG
Os bombeiros de Cee e o GES de Muros excarceraron a vítima

Unha muller de 39 anos e iniciais M.R.D. perdeu a vida nun accidente de tráfico que tivo lugar este venres na parroquia de San Mamede, no concello coruñés de Carnota. Segundo informa o 112, o coche que conducía saíuse da vía sobre as 14.28 horas, no quilómetro 18 da AC-550, a estrada que une Muros e Carnota.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse os bombeiros de Cee e o grupo de emerxencias supramunicipal (GES) de Muros para excarcerar a vítima, que quedara atrapada no vehículo. Ademais, interviñeron tamén efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil. Aínda que persoal sanitario do PAC de Muros acudiu tamén, non puideron facer nada por salvar a vida da muller, que faleceu debido ao impacto.

Morre unha muller de 39 anos nun accidente de tráfico en Carnota
Comentarios