sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

Este luns soben as temperaturas mínimas en Lugo

Galicia perderá este luns a influencia anticiclónica debido á presenza dun centro de baixas presións situado entre as Illas Azores e Portugal. Así, o ceo estará parcialmente cuberto co avance do día, con precipitacións máis probables na metade oeste. 

Mentres tanto, segundo informa Meteogalicia, as temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro ascenso, aínda que as máximas non terán cambios significativos. Por cidades, oscilarán entre os 4 graos de Lugo e os 17 de Ferrol. 

En canto aos ventos, soprarán do sueste e serán moderados, aínda que tamén haberá refachos fortes. 

Previsón de mínimas e máximas nas cidades:
A Coruña     9°     16°

Ferrol     7°     17°

Lugo     3°     14°

Ourense     7°     13º

Pontevedra     10°     17°

Santiago de Compostela     8°     15°

Vigo     12°     18°

 

Este luns soben as temperaturas mínimas en Lugo