miércoles. 02.12.2020 |
El tiempo
miércoles. 02.12.2020
El tiempo

Localizan unha granada da Guerra Civil nun alpendre de Salceda de Caselas 

Granada localizada en Salceda de Caselas. GC
Granada localizada en Salceda de Caselas. GC
Foi descuberto cando unha persoa estaba a limpar o lugar ► O artefacto mantiña activas as súas propiedades explosivas

Especialista do Tedax do Servizo de Desactivación de Explosivos da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra recolleron e desactivaron unha granada de morteiro da Guerra Civil española, que foi atopada nun alpendre dunha vivenda en Salceda de Caselas

Segundo informaron fontes da Benemérita, o artefacto apareceu cando un particular estaba a limpar un galpón anexo ao seu domicilio, no barrio de Fonte, en Salceda de Caselas. Este veciño avisou á Garda Civil a través do teléfono 062, e activouse o protocolo por parte dos especialistas en desactivación de explosivos. 

O equipo Tedax desprazouse a esta vivenda e recolleu a granada, modelo Valero e de 50 mm. A pesar da súa antigüidade e o seu mal estado de conservación, o artefacto mantiña as súas propiedades explosivas activas, polo que a súa manipulación resulta extremadamente perigosa, xa que os seus mecanismos de seguridade atópanse deteriorados pola corrosión.

A Garda Civil apuntou que unha explosión desta granada podería provocar importantes danos materiais e persoais, podendo alcanzar a súa metralla un radio de 100 metros. Por iso aconsella, no caso de achados desta clase, evitar a súa manipulación, deixando o artefacto explosivo na situación en que se atope, impedindo que ninguén se achegue ao mesmo, e dar inmediato aviso a través do 062. 

Localizan unha granada da Guerra Civil nun alpendre de Salceda de...