domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

Localizan o cadáver dun veciño de Mos flotando no río Louro, no Porriño

Oficinas do 112.
Oficinas do 112.


A Garda Civil abriu unha investigación para determinar as causas do falecemento deste home, que non presenta síntomas de violencia

O corpo dun home de idade avanzada achado afogado no Río Louro na mañá deste mércores foi identificado e corresponde a un veciño da localidade de Mos e natural do Porriño, municipio no que foi achado o seu cadáver. 

Así o confirmou a Policía Local do Porriño, que concretou que polos indicios "se trata dunha morte natural", xa que o cadáver "non presenta signos de violencia", abundou. 


Ás 9,15 horas deste mércores a Policía Local recibiu unha chamada que alertaba da presenza dunha persoa afogada na canle do Río Louro, na zona do paseo fluvial. 

Por iso, a Policía Local informou ao 112. No dispositivo foron mobilizados Protección Civil do Porriño, Bombeiros de Baixo Miño, Garda Civil e Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

En concreto, o 061 desprazou o lugar unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria do Porriño que confirmou no lugar o falecemento do home, indicaron a Europa Press fontes sanitarias. 

Os feitos foron notificados ao xulgado pertinente para a realización dos trámites forenses e o levantamento do cadáver. Pola súa banda, a Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer o sucedido. 

Localizan o cadáver dun veciño de Mos flotando no río Louro, no...