jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Un incendio en Lalín afecta a un restaurante e a unha vivenda anexa

Unha imaxe do incendio. BOMBEIROS SILLEDA
Unha imaxe do incendio. BOMBEIROS SILLEDA
Un lume tamén obrigou a desaloxar un edificio en Redondela

Os servizos de emerxencia sufocaron en Lalín un incendio que afectou a un restaurante e a unha vivenda anexa. Os feitos teñen lugar no Seixo, na parroquia de Santiso e, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, non hai constancia de danos persoais.

rdeu a planta baixa do local, onde había un comedor, unha grella e  unha palloza. Ademais, o andar superior tamén se viu afectado.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia ás 5:50 horas para dar conta do incendio e, axiña, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros do Deza, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Lalín e da Estrada e da Policía Local.

REDONDELA. Por outra banda, en Redondela, un incendio declarado a pasada tarde na cociña dun piso obrigou a desaloxar un edificio na Avenida de Vigo, á altura do número 205. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha persoa tivo que ser trasladada ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

Foron varias persoas particulares as que alertaron do incendio ao 112 Galicia, ao fío das 16:00 horas.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vigo e do Baixo Miño, á Policía Local, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Protección Civil da localidade.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume afectou á campá extractora da cociña.

Un incendio en Lalín afecta a un restaurante e a unha vivenda anexa