Ferida en Friol ao quedarlle unha man atrapada nun apeiro do tractor

Foi trasladada ao hospital lucense Lucus Augusti

Unha muller de 44 anos da parroquia friolesa de Narla resultou este domingo ferida cando traballaba co seu tractor, ao quedarlle unha man atrapada na toma de forza do vehículo. A central de emerxencias do 112 recibiu o aviso do accidente cara ao mediodía e movilizou os efectivos de emerxencias sanitarias.

A muller presentaba síntomas de aplastamento nunha man e parte do brazo, pero non se temía pola súa vida. Foi trasladada ao hospital lucense Lucus Augusti para diagnosticar a gravidade das lesións e recibir o tratamento necesario.

Comentarios