martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Ferida de consideración unha persoa ao picarlle unha abella en Beariz

Ocorreu preto das 14:00 horas nas proximidades do colexio da localidade

Unha persoa precisou asistencia médica esta tarde en Beariz despois de que lle picase unha abella.

Debido á gravidade da súa situación, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado para a pronta evacuación da persoa.

Ocorreu preto das 14:00 horas nas proximidades do colexio da localidade.

Nada máis ter coñecemento do ocorrido a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos efectivos do GES de Avión, aos voluntarios de Protección Civil de Beariz e aos axentes da Garda Civil.

Ferida de consideración unha persoa ao picarlle unha abella en Beariz