miércoles. 02.12.2020 |
El tiempo
miércoles. 02.12.2020
El tiempo

Excarcerado un condutor en Mesía despois de bater contra un camión

Un incendio nun pendello deixa a un home ferido e diversos materiais calcinados en Ribeira

Un condutor foi liberado tras quedar atrapado no interior do vehículo que conducía despois de bater contra un camión con remolque. Os feitos ocorrían pasados escasos minutos das 14:00 horas cando os dous vehículos circulaban pola N-634, no punto quilométrico 682, sentido Oviedo, na parroquia de San Mamede de Lanzá, en Mesía.

O 112 Galicia nada mais recibir o aviso de varios particulares que presenciaron o accidente, axiña, puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, que mobilizaron ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Así mesmo, informou do suceso aos Bombeiros de Betanzos e Ordes, aos efectivos do GES de Curtis e aos axentes da Garda Civil.

Tras ser liberado, a aeronave do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.

RIBEIRA. Un incendio declarado no interior dun cuberto no concello de Ribeira, rematou cunha persoa ferida na tarde deste lunes. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, un home sufriu diversas queimaduras polo que foi evacuado polo persoal sanitario ao hospital do Barbanza.

Ás 17:00 horas, unha persoa particular chamou ao Centro integrado de Atención ás Emerxencias para informar dun lume nun cabanel situado na parroquia de San Martiño de Oleiros, concretamente no lugar dos Muiños. Indicaba, ademais, que unha persoa sufrira lesións a causa das lapas.

Decontado, os xestores do Emerxencias Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Boiro e Ribeira, dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos membros do Grupo de Apoio de Emerxencias Municipal (GAEM) e de Protección Civil de Ribeira.

Unha vez no lugar, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron ao 112 Galicia que a estrutura de pedra non se viu afectada polas chamas, pero que o lume calcinou unha motocicleta, varios apeiros de labranza e unha motoserra.

Excarcerado un condutor en Mesía despois de bater contra un camión