Decretan prisión provisional para o home acusado de matar a súa muller en Gondomar

O acusado atopabase ingresado no hospital ao tratar de quitarse a vida logo de presuntamente cometer o crime machista
El furgón de las pompas fúnebres llegó al domicilio sobre las 20.00 horas para recoger el cadáver. CRTVG
photo_camera El furgón de las pompas fúnebres llegó al domicilio sobre las 20.00 horas para recoger el cadáver. CRTVG

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo decretou este martes prisión provisional comunicada e sen fianza para o home acusado de matar á súa muller na parroquia de Mañufe, en Gondomar, un crime ocorrido o pasado 2 de decembro.

En concreto, segundo informaron o TSXG, o home, que permanecía ingresado no hospital, foi dado de alta este martes, detido pola Policía Nacional e trasladado a sede xudicial, onde pasou a disposición xudicial. Está investigado como presunto autor dun delito de asasinato.

O crime que se lle atribúe ocorreu na tarde do pasado 2 de decembro, cando a Garda Civil recibiu un aviso sobre un posible caso de violencia machista en Gondomar.

Unha vez na vivenda, os axentes atoparon a unha muller falecida con feridas presumiblemente de arma branca. Ademais, acharon ao presunto agresor, a súa parella, ferido após, supostamente, tratar de suicidarse, polo que foi trasladado ao hospital.

O matrimonio, de 59 e 64 anos, tiña dous fillos maiores de idade, un deles dependente e do que se fixo cargo a familia.