Un total de 96 obras compiten nos Premios Xerais 2017, que se fallarán o vindeiro 3 de xuño

A entrega de premios terá lugar na Illa de San Simón

Un total de 96 obras compiten nos Premios Xerais 2017 que se fallarán o sábado 3 de xuño nun acto que terá lugar na Illa de San Simón.

O xurado da XXXIV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros, e para o que concorren 42 obras, está formado por Ana González Liste, Marcos Lorenzo, Diana Pastoriza, Lois Pérez e Afra Torrado. Ademais, Fran Alonso será secretario en representación da editorial.

Pola súa parte, Xabier Campos, Mar Montenegro, Yaiza Peixoto, Inés Fernández, Manuel Loureiro e Xosé Manuel Moo formarán o tribunal da IX edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado tamén con 10.000 euros, e para o que concorren 19 obras.

Ademais, María C. Alonso, Ana Domínguez, María del Carmen Ferreira, Carlos González, Lucía Cobo e Helena Pérez serán os encargados de escoller a obra premiada na XXXII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil.

Os tres determinarán as obras finalistas na súa primeira reunión, o venres 26 de maio, e as gañadoras, na segunda, a celebrar o sábado 3 de xuño. A festa de fallo dos premios terá lugar ese mesmo día na Illa de San Simón.

Comentarios