Un guardés vende en el 'Play-Doc' de Tui

O guardés Xurxo Chirro, coa súa película Vikingland, é o vencedor da sección oficial da oitava edición de Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui.

Carlos Muguiro, presidente do xurado internacional –composto tamén polos críticos e programadores Pamela Cohn e Nicolas Azalbert–, foi o encargado de realizar a lectura do galardón.

Muguiro expuxo as seguintes razóns para elixir Vikingland: ''Queremos premiar unha película que crea profundas reverberacións emocionais entre o protagonista e o cineasta, nun intervalo de 20 anos e nun sorprendente acto de xenerosidade. É unha película na que o protagonista mostra ao cineasta o camiño para descubrir a súa voz propia''.

Un emocionado Xurxo Chirro recolleu o premio, consistente nunha figura de pedra e 5.000 euros, entre calorosos aplausos.

Comentarios