Triángulo de Amor Bizarro, Nueva Vulcano e Paus, cabezas de cartel do Esmorga Fest 2017

Un total de dez bandas tocarán o 11 de marzo na Sala Litmar de Sarria
Triángulo de Amor Bizarro
photo_camera Triángulo de Amor Bizarro

Triángulo de Amor Bizarro, Nueva Vulcano, Los Belgala e os portugueses Paus encabezan o cartel do Esmorga Fest 2017, que se celebrará o vindeiro 11 de marzo na Sala Litmar de Sarria. 

Os galegos Triángulo de Amor Bizarro presentarán en Sarria o seu último álbum, Salve Discordia, premiado como mellor disco español pola Asociación de Periodistas Musicais. A banda catalá Nueva Vulcano, co seu "esmagador directo"; os rockeiros Los Belgala e os portugueses Paus, habituais en grandes festivais como o Primavera Sound, compoñen o cartel da próxima edición do festival sarriao.

Completan a lista Equations, "banda portuguesa que mestura electrónica, pop e rock"; Músculo!, "que coa súa electrónica bailable demostrarannos porque tocaron en lugares como o BBK Live ou o Festival Low"; os madrileños Atención Tsunami, ; o lirismo de Aries, que presentará o seu disco Adieu or Die; Beach Beach ; Pálida, "que fará bailar a todos os asistentes"; e os sarriaos Voltem, que "presentarán o seu impecable son despois do bo sabor de boca que deixaron no Festival Facela Fest".

As entradas están á venda a 12 euros na web do festival, así como no Mercado Street Food de Lugo, no Adarve e o Xarope de Sarria.

O festival, patrocinado por SON Estrella Galicia, Gadis, Jägermaister, Galicia Calidade, o hotel e restaurante Mar de Plata e o Concello de Sarria, presentarase no Ateneo 30 de Santiago de Compostela o venres 24 de febreiro cos directos de Voltem e Favx.

Comentarios