sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

Xosé A. Touriñán anuncia que deixa o 'Land Rober'

Touriñán
As imaxes que difundiu Touriñán para anunciar que deixa o 'Land Rober'.

"Báixome, do Land Rober. Teño que parar", di a través das redes socias, nunha emotiva mensaxe na que recorda a todas as personaxes que encarnou no espazo de Roberto Vilar e agracede ao público o seu agarimo

Xosé Antonio Touriñán acaba de anunciar a través das redes sociais que deixa o Land Rober da TVG. O cómico publicou unha mensaxe na que asegura que ten "que parar" e aproveita a publicación para dar as grazas a todo o equipo do programa porque, di, no saber se vai "volver". Mención especial reciben Eva Iglesias e Roberto Vilar, cos que conformaba o tridente máxico do que é o programa estrela, xunto co Luar, da TVG.

Tamén se lembra Touriñán do público polo agarimo que recibiu deles e por facer grandes a personaxes como "RicardoJoao SimoesConcha e Manolo, os Gorrillas...".

As reacción dos fans do espazo e de Touriñán nas redes sociais foi case unánime e recibiu ducias de mensaxes na que lamentaban a súa saída e lle desexaban sorte.

A modo de homenxe, deixámoslles, a continuación, unha das pezas que máis pegada tivo Land Rober, a versión do Waka-waka de Touriñán y Vilar, rebautizada como Isto é tráfico
 

Xosé A. Touriñán anuncia que deixa o 'Land Rober'
Comentarios