domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Toni López recibe o premio ao xornalista deportivo da tempada da FGF

Toni López recibe el premio
Toni López recibe el premio
O profesional da Radio Galega recibiu o galardón da man do presidente da Federación, Rafael Louzán

O xornalista chairego da Radio Galega Toni López recibiu este xoves a distinción ao mellor xornalista deportivo da tempada que lle outorgou a Federación Galega de Fútbol (FGF). Despois de comezar como bolseiro na radio pública galega en 2006, López acumula once anos nas ondas fomentando o deporte de Galicia máis alá do fútbol e o baloncesto.

Despois de ser redactor no Galicia en Goles das fins de semana, nas edicións diarias de 20.30 a 21.00 horas e no programa nocturno das 23.00, a partir da próxima campaña convertirase en director do programa que se emite ás oito e media da tarde de luns a venres. A noticia da súa nova responsabilidade chegoulle a mesma semana na que lle comunicaron o premio da FGF.

Toni López compartiu o seu premio coa súa familia e os seus amigos, ademais dos seus compañeiros da sección de Deportes da Compañía de Radio Televisión de Galicia. "A vida é marabillosa aínda que se viva de forma distinta", asegurou.

López é licenciado en Xornalismo e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Con 35 anos, xa estivo nominado este ano aos premios Tiflos polo espazo olímpico Galicia en Toquio, no que cada semana entrevista a un deportista galego olímpico. Este espazo radiofónico dedicado aos Xogos comezou antes de que se celebraran en Brasil en 2016 co nome de Galicia en Río.

Toni López recibe o premio ao xornalista deportivo da tempada da FGF
Comentarios