"Son despistado e tamén un pouco rosmón"

Abraham Cupeiro despediu setembro con senllas actuacións en Finlandia e Madrid. Para o músico, compositor e instrumentista sarriao o mundo non semella ter límites , como non os tiña a ‘pangea’, o primitivo continente único que o ten inspirado. Esa terra profunda que evocan o karnyx ou a corna, capaces de fundir pasado e presente nun momento, nas súas notas suspendidas no ar.  
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera O músico Abraham Cupeiro. VÍCTOR FORMOSELLE

Cando era neno xa soñaba con ser músico ou fantaseaba noutras cousas?

Gustaba da bioloxía e cando ía para Castelo, onde vivían meus avós paternos, sempre andaba a argallar facendo carrilanas, cabanas no monte... Tamén me gustaba moito debuxar.

Se puidera viaxar no tempo só un día, onde e cando aparecería?

Viaxaría ata París, o 29 de maio de 1913, para acudir á estrea de ‘A consagración da primavera’ de Igor Stravinsky.

Dorme co seu karnyx na habitación?

Case sempre! Porque ao estar dando concertos por todo o mundo, a maleta cos instrumentos está sempre comigo na habitación do hotel.

Cales son os adxectivos que mellor o definen?

Diría que despistado, rosmón e traballador.

O mellor para empezar ben o día é...

Dar un paseo pola natureza. Hai que lavar o espírito, ademais do corpo.

En Galicia, os meus referentes son Carlos Núñez, Rodrigo Romaní e Susana Seivane

Que tres persoeiros galegos vivos citaría como referentes?

Salientaría a tres músicos: Carlos Núñez, Rodrigo Romaní e Susana Seivane.

Fóra de Galicia, hai algún lugar no que se sinta como na casa?

O certo é que en case todos os lados, é incrible o agarimo co que me tratan cando toco por aí! 

Que música lle fai mover os pés a Abraham Cupeiro?

A boa, xa sexa swing, muiñeiras, salsa… a min gústame bailar. Pero coa música machacona, sen cambios de ritmos, síncopas… é dicir, plana, adormezo.

Cal é o seu plan perfecto para desconectar?

Por exemplo, ir dar un paseo polos Ancares, por Piornedo. Teño grandes amigos alí.

Na mesa, pérdeo un bo...

Un bo peixe!

Que serie logrou enganchalo máis? 

O alienista, unha serie de misterio ambientada no Nova Iorque de 1896. 

Recoméndanos un libro e unha película?

Calquera dos libros de Juan Luis Arteaga e, como película, un clásico, Dersu uzala, de Kurosawa.

Levei moitos paus cando empezaba e non me gustaría que os novos creadores pasen polo mesmo

Dos defectos alleos, cales son os que soporta peor?

A falta de empatía e... que alguén sexa amarrado!

Que pregunta non lle fixen e lle gustaría responder?

Unha moi concreta: "Que lle gustaría que cambiase en Galicia para mellorar o sector cultural?". Gustaríame que non se apoiase só o mainstream —as correntes dominantes— con cartos públicos do xeito que se fai e que cando algún artista vaia propoñer algo, que polo menos dende as administracións o escoiten con respecto e profesionalidade. Levei moitos paus cando empezaba e non me gustaría que, sobre todo os novos e as novas creadoras, se atopen co que me atopei eu en Galicia.

Comentarios