Domingo. 21.04.2019 |
El tiempo
Domingo. 21.04.2019
El tiempo

A serie 'Vidago Palace' da CRTVG emitirase en Estados Unidos 

Fotograma de Vidago Palace. TVG
Fotograma de Vidago Palace. TVG

'Dalia, a modista' emitirase agora na televisión valenciana e en Chile tralo seu paso polas canles de Aragón e Castilla A Mancha

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, destacou os "bos resultados" da proxección e venda internacional da ficción feita en Galicia e avanzou que Vidago Palace, a primeira serie coproducida entre TVG e RTP será emitida en Polonia e en Estados Unidos. 

Na súa intervención na Comisión de control da CRTVG celebrada na Cámara galega, Sánchez Esquerdo tamén destacou que a serie Dalia, a modista emitirase agora na televisión valenciana e en Chile tralo seu paso polas canles de Aragón e Castilla A Mancha. 

Así mesmo, segundo informou a Corporación Radio Televisión de Galicia nun comunicado, a produción da CRTVG e TVE, Ao final do camiño, foi vendida ao mercado latinoamericano, México e Porto Rico. 

Na Cámara galega, Sánchez Izquierdo tamén remarcou que a audiencia "apoia" á Televisión de Galicia, que alcanzou este Nadal máximos históricos de audiencia ao "dobrar o share da seguinte televisión competidora ao obter un 26,4% na franxa máis importante do día, con sete dos 10 dez programas máis vistos o día 24". 

Nesta liña, puxo en valor que, entre as canles autonómicas, a TVG fíxose co liderado nos días 24 e 25 de decembro, cun 17,3% de cota no prime time. Así mesmo, destacou o "esforzo dos traballadores noutro día tamén claro de servizo público como é o da Lotería de Nadal". 

Así, indicou que este labor tivo o seu "recompensa" na audiencias, ao ser un dos fins de semana cunha cota de pantalla máis alta para a CRTVG en 2018, na que a aposta cultural da corporación alcanzou un novo máximo histórico co 19,5% da audiencia.

CRÍTICAS DOS SOCIALISTAS. Na comisión, conforme sinalou o PSdeG nun comunicado, a deputada socialista Noela Blanco denunciou a "política represiva" por parte do ente público contra os traballadores significados coas reivindicacións laborais. 

A parlamentaria do PSdeG pronunciouse deste xeito durante o debate dunha pregunta oral polo expediente aberto contra o traballador Carlos Jiménez. 

Noela Blanco mostrou o seu apoio ás reivindicacións dos traballadores e acusou ao director xeral "abrir xuízos mediáticos e políticos contra profesionais dos medios de comunicación", "deturpando a Lei de Medios de 2011". 

A serie 'Vidago Palace' da CRTVG emitirase en Estados Unidos 
Comentarios