Santiago acoge el entre el 3 y el 5 de octubre el VII Congreso Apícola Hispánico

A Asociación Galega de Apicultura, AGA, organiza o VII Congreso Apícola Hispánico que terá lugar do 3 ao 5 de outubro no instituto Rosalía de Castro, en Santiago, baixo o título A apicultura, unha actividade multifuncional.

A cita convocará a algúns dos máis reputados expertos internacionais na materia e servirá tamén para mostrar o extenso abano de actividades económicas que se desenvolven derivadas da apicultura e o potencial para novas iniciativas, por exemplo, no eido do turismo.

No encontro, no que se agarda un milleiro de asistentes, haberá relatorios, experiencias, profesionais e criadores de países como España, Francia, Eslovenia, Portugal, Grecia, Arxentina e Brasil.

O obxectivo é poñer en común os últimos avances científicos e tecnolóxicos e promocionar a apicultura como actividade multifuncional. Con esa finalidade, o congreso está estruturado nun programa científico que se complementa cunha variada oferta de actividades, exposicións, cata e concurso de meles monoflorais, concurso de apirelatos e diversos obradoiros.

As inscricións ao congreso poden formalizarse en www.apiculturagalega.es/congreso. O domingo, día 5, será xornada de portas abertas, con entrada entrada gratuita.
 

Comentarios