Sae á luz 'Os papeis do vello mariñeiro', obra póstuma de Neira Vilas

A obra recolle 60 histarios de historias de mariños mercantes galegos narradas por un navegante
El secretario general de Política Lingüística, Valentín García, entre las personalidades que asistieron a la presentación de 'Os papeis do vello mariñeiro'
photo_camera El secretario general de Política Lingüística, Valentín García, entre las personalidades que asistieron a la presentación de 'Os papeis do vello mariñeiro'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este xoves en Compostela na presentación da obra Os papeis do vello mariñeiro (Bolanda Ed.), obra inédita e legado póstumo do escritor galego Xosé Neira Vilas.

O relato está composto por un total de 60 historias de mariños mercantes galegos que durante a súa vida recompilou o escritor Neira Vilas, mediante as cales dalle voz a un navegante galego e ás súas experiencias durante as longas tempadas que pasa en alto mar.

En relación a esta obra póstuma neiraviliana, o secretario xeral de Política Lingüística destacou que "Neira Vilas volveu a ilustrar con palabras o espírito da Galicia máis auténtica dunha forma maxistral".

O acto, ao que tamén asistiron o editor, Antonio Couto, o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Luís Reimóndez, e o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, serviu para proxectar unha publicación na que ademais dos 60 relatos pódense contemplar un número equivalente de ilustracións realizadas por Alberto Fernández.

Así, con Os papeis do vello mariñeiro o escritor de Vila de Cruces deixa un compendio de pequenos e entretidos relatos mediante os cales se poderán coñecer mellor a vida do vello mariñeiro galego e as súas experiencias polo mundo, nun tempo non moi afastado do actual pero si moi diferente.

Comentarios