Queremos Galego se desvincula de la quema de una bandera española

Queremos Galego desvencellouse da queima dunha bandeira española na manifestación masiva que acolleu Santiago de Compostela en protesta polo decreto do galego. O seu portavoz, Fran Rei, calificou o feito de "illado e anecdótico" e asegurou que a plataforma e as entidades que a compoñen non tiveron nada que ver con el.

"Foron dous rapaces ao final do acto", asegurou Rei, quen recordou que a marcha se moveu dentro dun "ambiente festivo e pacífico". Ademáis, o portavoz do colectivo non dubidou en criticar a actitude do PPdeG, ao que acusa de enviar a fotografía da queima da bandeira aos medios ante "a falta de argumentos e o pánico que lles suscitou ver unha manifestación como a de onte".

No día despois da protesta que xuntou a colectivos independentistas como Agir con membros do PSdeG, Queremos Galego recalcou que a valoración é "enormemente positiva", tendo en conta que se acadou unha "afluencia masiva nun día laboral. Ademáis moita xente quixo vir e nun puido", puntualizou Rei.

O Goberno, en "situación controvertida"
Para a plataforma cívica a resposta da comunidade educativa deixa nunha "situación controvertida" ao Executivo galego, que, en verbas de Fran Rei, fica "illado socialmente". Ao respecto, Queremos Galego asegura que o 90% dos docentes e alumnos convocados á folga -non o estaban os pertencentes a centros privados e concertados- acoderon á mesma, fronte ao 47,7% no que a Consellaría de Educación cifrou o seguimento do paro.

Así, según os datos facilitados polo gabinete que dirixe Jesús Vázquez Abad, en Pontevedra un 51% dos profesores non se presentaron no seu posto de traballo, cifras similares ás de A Coruña e Ourense. Na provincia de Lugo, o seguimento da folga foi menor, próximo ao 35%.

Por último, o portavoz de Queremos Galego afirmou que, unha vez rematada a rolda de consultas da Xunta e cando a Educación se posicione ao respecto, anunciarán as novas accións que acometerán desde a plataforma para protestar contra "este decretazo contra o galego" promovido polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Comentarios