Pontevedra saca o encaixe do armario e réndese ás palilleiras

O Recinto Feiral acolleu onte a décima edición do Encontro de Palilleiras, organizado por A Fieitiña. O éxito foi rotundo, pois máis dun milleiro de persoas se deron cita para amosar o seu bo facer cos palillos, os alfinetes e os fíos
Multitude no 'X Encuentro de Palilleiras' no feiral
photo_camera Multitude no 'X Encuentro de Palilleiras' no feiral

O Encontro de Palilleiras volveu ser dos máis multitudinarios da provincia de Pontevedra, pois reuniu a numerosas persoas aficionadas ó encaixe ó longo de toda a xornada. Ademais da palillada no Recinto Feiral, a cita incluíu unha exposición de prendas e pezas de grande beleza.

O son dos palillos a bater entre eles inundou onte o Recinto Feiral e o motivo non foi outro que a celebración do décimo Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra.A cita, organizada pola asociación A Fieitiña coa colaboración de diversas institucións e o patrocinio de varias marcas comerciais,
reuniu a numerosas aficionadas ó encaixe. De feito, o congreso volveu ser un dos máis multitudinarios da provincia, posto que  se xuntaron máis dun milleiro de palilleiras.

Este ano, para celebrar que a asociación organizadora cumpre unha década dende a súa constitución, o encontro incluíu una serie de conferencias a cargo de persoas expertas no mundo do encaixe. As charlas realizáronse xa o pasado venres e o sábado no Pazo da  Cultura e contaron coa participación de Mario Gallego (que falou sobre as Palilleiras de Pontevedra), Esperanza Marín (cunha ponencia titulada Unha ilusión convertida en realidade), Ana Rosa Lista (coa charla O Camiño de Santiago en encaixe), Marisa Hermida (que disertou sobre Encaixe moderno), a holandesa Lia Baumeister-Jonkers (quen falou sobre A caída do Muro de Berlín e o encaixe Schneerberge), Mariña Regueiro (coa conferencia Historia do encaixe contemporáneo) e María Gualde (que profundizou  na Creación dun traxe de voda en encaixe contemporáneo).

De feito, o título desta edición foi Saíndo do armario: O encaixe contemporáneo no século XXI.

EXPOSICIÓN.  Ademais da palillada, os asistentes tiveron ocasión de contemplar unha mostra de creacións no propio Pazo da Cultura, con pezas elaboradas tanto pola asociación A Fieitiña como polas ponentes que participaron coas súas charlas. Entre as prendas que se exhibiron houbo unha reconstrución dunha peza dun traxe tradicional de encaixe de bolillos, así como dous vestidos de flamenca feitos coa mesma técnica.

Unha das persoas que amosou os seus labores foi Teresa Guzmán González, da Asociación de Palilleiras de Málaga, que explicou que na cidade andaluza hai unha grande afición por esta tradición.

A xornada de onte incluiu tamén un xantar de confraternidade na cafetería do Pazo e un sorteo de agasallos doados polos postos de venda e polo colectivo organizador. Asimesmo, entregáronse diplomas ás profesoras, asociacións  e grupos.

Comentarios