O Partido Froilanista felicita a Foilán polo sexto aniversario do seu tiro no pé

O colectivo satírico compartiu en Facebook unha infografía do "bautismo con armas de fogo" do fillo da duquesa de Lugo

Felipe Juan Froilán.AEP
photo_camera Felipe Juan Froilán.AEP

O satírico Partido Froilanista conmemorou este martes un dos momentos máis coñecidos da vida de Felipe Juan Froilán, fillo maior de Elena de Borbón e Jaime de Marichalar. Trátase do accidente de caza que sufriu o sobriño do Rei hai seis anos, cando tivo que ser intervido tras un disparo nun pé.

"Hoxe cumpren-se 6 anos do bautismo da Súa Alteza Real con armas de fogo. Parabéns Maxestade!", escribiu o Partido Froilanista na súa páxina de Facebook. A mensaxe ía acompañada dunha infografía explicativa de como ocorreu o suceso, moi sonado por aquel entón. 

O colectivo, nado en 2014 —coincidindo co anuncio da abdicación do rei Juan Carlos—, reclama o trono de Galicia para o fillo da duquesa de Lugo como "Froilán III da Galiza e I de Begonte".

Comentarios