Os 10 Paradores máis valorados de España

Coñece os Paradores mellor valorados polos hóspedes. Calidade,luxo e profesionalidade únense para crear estes hoteis

1. Parador de Santiago de Compostela *****

O antigo hospital de peregrinos construído en 1499 é hoxe un hotel exclusivo situado no centro da cidade lindando coa histórica catedral. Moi valorado polos seus espazos amplos, as súas vistas, a súa ubicación e a inmellorable amabilidade do persoal.

2. Parador de Plasencia **** 

Próximo á Catedral de Cáceres e á Praza Maior atópase este luxoso hotel que resalta a historia dun antigo convento do século XV. A profesionalidade do seu cadro de persoal, a dedicación pola comodidade do hóspede e as súas instalacións amplas fan del un lugar con encanto.

3. Parador de la Granja ****

Este antigo palacio de Carlos III permitirache penetrar no estilo do século XVIII. coas súas representativas decoracións invita a gozar das súas amplas instalacións, dun centro de benestar e spa, dunha restauración especializada en pratos casteláns e dunha coidada amabilidade.

4. Parador de Monforte de Lemos ****

Un convento da época neoclásica que na actualidade ofrece estancias confortables para relaxarse sexa nas súas zonas de lecer, benestar ou restauración. A amplitude, o luxo e a luminosidade resaltan en cada recuncho deste precioso hotel.

5. Parador de Ronda ****

A súa ubicación no centro da cidade, no alto dun acantilado, permite aos seus hóspedes contemplar impresionantes vistas sobre o "Tajo de Ronda" gozando no momento de servizos de calidade que conseguen garantir a excelencia do aloxado.

6. Parador de Chinchón ****

Sobre os cimentos dun antigo mosteiro agustino do século XVII e próximo á praza maior localízase este magnífico parador, un lugar emblemático no que todas as súas instalacións e servizos reflicten tranquilidade e relaxación para así gozar dunha agradable estancia.

7. Parador de Cruz de Tejada ****

O paraiso natural que rodea a este parador así como as súas inmellorables vistas a Macizo Central fan deste lugar un sitio aconsellable para relaxarse e desconectar, ademais os seus servizos de benestar e spa farán que a túa estancia sexa aínda máis excepcional.

8. Parador de Alarcón ****

Unha fortaleza da idade media reconvertida nun luxoso hotel rodeado de auténtica natureza e esplendor, situado nun dos pobos máis bonitos de España recoñecido como conxunto histórico artístico.

9. Parador de Limpias ****

Un Palacio do Século XX que acolle hoxe en día baixo os seus inacabables teitos un elegante hotel con amplas e magnificas instalacións, situado nun pobo tranquilo invita os seus aloxados a relaxarse gozando da beleza natural da contorna.

10. Parador de Jaén ****

Próximo á catedral e resvestido por unha fortaleza árabe do século XVII, este parador representa un lugar onde gozar dunha traballada cociña tradicional española acompañado dun servizo profesional e unhas instalacións dignas de excelencia.

Comentarios