martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

O Festival de Cans pechou con 13.000 visitantes a súa edición de maior éxito

Público en Cans
Público en Cans
Entre o 24 e o 27 de maio rexistrouse un 100% de ocupación hoteleira no Porriño

O Festival de Cans, que tivo lugar no Porriño entre o 24 e o 27 de maio, pechou a súa XIV edición cun total de 13.000 asistentes, entradas esgotadas en todas as sesións á venda e un 100% de ocupación hoteleira, o que a converte na súa edición de maior éxito.

Así o trasladou este martes a organización, que valorou que descentralizar a programación e reforzar as actividades do xoves, permitiu "atraer xente xa desde os primeiros días do festival ata o centro do Porriño".

Entre todos os actos, destacou "o gran éxito" da Noite Gía dos Videoclips, a demostración gastronómica, e concertos como os de León Benavente, Eladio y los Seres Queridos e Escuchando Elefantes. Ademais, puxo en valor a afluencia de participantes tanto nos espazos e actividades para nenos, como nos encontros, coloquios e obradoiros.

Finalmente, a organización, que remarcou que conta cun público "fiel" e diverso –tanto local como foráneo–, apuntou que, "pese á enorme afluencia, houbo escaseza absoluta de incidentes e atencións no punto médico do festival".

O Festival de Cans pechou con 13.000 visitantes a súa edición de...
Comentarios