O vilalbés Toni López, xornalista deportivo da tempada para a FGF

Louzán entregaralle o galardón na Gala Futgal o 22 de xuño ao traballador de deportes da Radio Galega
Louzán entregaralle o galardón na Gala Futgal o 22 de xuño ao traballador de deportes da Radio Galega
photo_camera Louzán entregaralle o galardón na Gala Futgal o 22 de xuño ao traballador de deportes da Radio Galega

Toni López García recibirá o próximo 22 de xuño o premio da Federación Galega de Fútbol ao xornalista deportivo da temporada. Futgal recoñece así o traballo do vilalbés na redacción de deportes da Radio Galega, á que chegou como bolseiro en 2006 e á que se incorporou como traballador en cadro en 2012.

Na actualidade, Toni López forma parte do equipo que elabora as edicións diarias de Galicia en Goles ás 20.30 e ás 23.00 horas. Hai anos foi a voz da central de datos no programa de fin de semana, unha función que realiza os días entre semana cando hai competición ligueira.

Dobre licenciado en Xornalismo e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Toni López naceu o ano que se celebraba o Mundial de España. Con só 35 anos, xa estivo nominado este ano ao premios Tiflos polo espazo olímpico Galicia en Toquio, en que cada semana entrevista un deportista galego olímpico.

O presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, entregaralle o premio durante a Gala Futgal, que se celebrará no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o 22 de xuño a partir das 20.15 horas.

Comentarios