O Museo Provincial de Lugo agradece 83 anos de doazóns cunha mostra

A exposición fai un percorrido polas achegas de 1.200 benfeitores en tres etapas da entidade. Un bargueño e unha ara foron as primeiras pezas cedidas, en 1932, dous anos antes de abrir
Algúns dos participantes na inauguración, celebrada o xoves
photo_camera Algúns dos participantes na inauguración, celebrada o xoves

O Museo Provincial de Lugo inaugurou onte a mostra ‘Museo agradecido’, un xeito de amosar o que valoran as achegas de pezas feitas polos case 1.200 doantes que axudaron a darlle un contido á entidade dende 1932 ata hoxendía.

A primeira peza que recibiu a insitución foi un bargueño e unha ara romana abriu a colección de arqueoloxía. A exposición foi estruturada de xeito cronolóxico en tres etapas. A primeira empeza en 1932, cando empezaron a recibirse as primeiras doazóns, aínda que o Museo Provincial non foi inaugurado ata dous anos máis tarde. O primeiro edificio no que estivo o museo foi o pazo de San Marcos. Nese tempo, recollíanse de xeito especial materiais de etnografía e artes decorativas.

Nesea anos houbo 361 benfeitores; sobre todo, particulares, pero tamén organismos públicos. Entre eles figuran tanto o primeiro director, Luis López Martí, como o seu sucesor e gran impulsor da entidade Manuel Vázquez Seijas.

Destacan as entregas que fan os irmáns Fernández López, José e Antonio; así como as doazóns de obras por parte de artistas como Castro Gil o Prieto Nespereira

Este período remata en 1956, cando empeza o segundo, co traslado ao convento de San Francisco. Nesta etapa, a maiores de etnografía e artes decorativas, recíbese nomeadamente material de arqueoloxía.

Destacan as entregas que fan os irmáns Fernández López, José e Antonio; así como as doazóns de obras por parte de artistas como Castro Gil o Prieto Nespereira.

A terceira etapa comeza coa reapertura en 1991 e coa ampliación das instalacións en 1997. Neste último período, que chega ta a actualidade, destacan as doazóns de belas artes. A maiores, abundan ultimamente as entregas de libros e arquivos, como un do século XVII que chegou ultimamente á entidade. Destaca a colección de lucernas de Varela Dafonte que deu a súa viúva, Sara Álvarez.

Durante moitos anos, cada peza nova era sometida a unha reproducción nun debuxo, que fixo o artista Pacios durante anos. Dende hai unhas décadas, son fotografados. Esas imaxes van acompañadas dunha descrición do seu aspecto, das súas características físicas e técnicas, dunha breve contextualización histórica. Todas as obras doadas ao Museo Provincial levan, a maiores, unha identificación da persoa que as entregou.

Na exposición amósase tamén unha referencia á última cesión que se fixo, que é unha carta de cesión asinada polo traductor da Onu Xoán Anllo, que doou hai uns días a súa colección de arte africana

Na exposición amósase tamén unha referencia á última cesión que se fixo, que é unha carta de cesión asinada polo traductor da Onu Xoán Anllo, que doou hai uns días a súa colección de arte africana.

Os libros de sinaturas antigos e documentos como as actas da xunta reitora son outros dos materiais que se poderán contemplar ata o día 31 de maio no Museo Provincial.

A área provincial de Cultura, da que é responsable Mario Outeiro, adiantou que, a maiores desta exposición de agradecemento aos benfeitores, estase preparando unha mostra de pintura galega contemporánea coleccionada por Álvaro Gil Varela.

Comentarios