sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

O Festival de Cans recibe a escolares e estrea 'A historia dun satélite'

O equipo de 'A historia dun satélite'
O equipo de 'A historia dun satélite'
A xornada finalizou coa Noite Gía dos Videoclips, na que 'Mi Re La', de Oh! Ayatollah, saíu vencedor. A peza é obra de Antón e Xaime Miranda

O Festival de Cans, celebrado no Porriño, inaugurou a súa segunda xornada recibindo a centos de escolares na súa sección "Cans do futuro", e acolleu a estrea mundial de A historia dun satélite, película creada por Sonia e Miriam Albert-Sobrino.


Os escolares, informa a organización nun comunicado, asistiron a unha proxección e participaron nunha visita guiada pola aldea, unha das moitas actividades que se celebraron este xoves na zona.

Por exemplo, recoñecéuselle o traballo do filósofo e escritor Francisco Fernández Buey, con orixes na parroquia, en cuxa honra foi descubierta unha placa ubicada na súa casa familiar.

A tarde continuou coa proxección do filme Migas de Pan de Manane Rodríguez e coa estrea mundial de A historia dun satélite, de Sonia e Miriam Albert-Sobrino.


Este filme narra a historia dun neno que vive un acontecemento que marcará a súa vida para sempre: o seu pai morre aplastado por un satélite.

A xornada finalizou coa Noite Gía dos Videoclips, na que Mi Re La, de Oh! Ayatollah, saíu vencedor. A peza é obra de Antón e Xaime Miranda.

O Festival de Cans recibe a escolares e estrea 'A historia dun...
Comentarios