‘O descoñecido’, a gran favorita dos Mestre Mateo con 15 nominacións

Os lucenses Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira, optan a premio por esta cinta. A película ‘Lobos Sucios’ competirá con 14 candidaturas e a serie ‘Hospital Real’ con 11
María Vázquez y Jorge Coira escuchan la lista de candidatos a los Mestre Mateo
photo_camera María Vázquez y Jorge Coira escuchan la lista de candidatos a los Mestre Mateo

O descoñecido, o filme do monfortino Dani de la Torre, parte como favorito para a gran gala dos premios Mestre Mateo, cun total de 15 candidaturas. Entre estas dúas categorías, tamén con sabor lucense: a de Luis Tosar, como actor protagonista de O descoñecido e a de Jorge Coira pola montaxe deste mesmo filme, un traballo que xa foi merecedor do Goya.

Os actores Antonio Durán ‘Morris’ e Mabel Rivera deron a coñecer este luns en Santiago de Compostela os nomeados en cada unha das categorías dos premios  Mestre Mateo, que convoca a Academia Galega do Audiovisual e que se entregarán nunha gala na Coruña o próximo 23 de abril.

Outros lucenses e producións de orixe lugués que optan a un Mestre Mateo son Antonio Pereira, como director de arte de Lobos Sucios; María Vázquez, como protagonista da serie Hospital Real, que conta con 11 nominacións; Roberto Vilar, como mellor comunicador por Land Rober Tunai Show; Nuncy Valcárcel, como protagonista da serie Luci; o documental Os Días Afogados; Xacio Baño pola curta Eco; Iván Laxe pola música orixinal de Pazo de familia’; e Martín Barreiro, como mellor comunicador como home do tempo no Telexornal TVE Galicia.

A produción audiovisual galega que xunta máis nominacións é O descoñecido, está seguida de Lobos Sucios, con 14; Hospital Real, con 11; Serramoura, con sete; e As Altas Presións, que opta a cinco premios.

En concreto O descoñecido, Goya á mellor montaxe e son, opta ao premio á mellor longametraxe, actor protagonista, de reparto (Javier Guitiérrez), actriz protagonista (Paula del Río), de reparto (Elvira Mínguez), dirección, dirección de fotografía, dirección de arte, dirección de produción, guión, montaxe, música orixinal, son, vestiario e maquillaxe e salón de peiteado.

O RESTO DE CANDIDATOS. Así mesmo, Lobos Sucios compite tamén por facerse co premio á mellor longametraxe e aos galardóns a mellor actor protagonista (Ricardo de Barreiro), actriz protagonista (Marian Álvarez), actriz de reparto (Manuela Vellés), dirección, dirección de fotografía, dirección de arte, dirección de produción, guión, montaxe, música orixinal, son, vestiario e maquillaxe e peiteado.

Finalmente, Hospital Real está nomeada como mellor serie de televisión, mellor actor protagonista (Antonio Durán), mellor actor de reparto (Julio Abonjo), mellor actriz protagonista (María Vázquez), mellor actriz de reparto (Tamara Canosa) e nas categorías de dirección, dirección de fotografía, dirección de arte, guión, vestiario e maquillaxe e perruquería.

No apartado de mellor longametraxe, competirán con Lobos sucios e O descoñecido, as películas A Praia Dos Afogados e As Altas Presións.

Así mesmo, optan a mellor serie de televisión, ademais de Hospital Real, as producións Era Visto!, Luci e Serramoura.

Optan á mellor curtametraxe de animación Ascender de Bolseiro, Fruit Island e O Terceiro Porco; e ao mellor videoclip Buscando a Superfama’ de Heredeiros de Crus; El Animal en Mí’, de Fernando Tato; O Home do Reloxo, de Priscila; e O Meu Punto de Vista, de Bea a de Estrela.

A mellor serie web decidirase entre Dalle Jas!, O Método Sueco, Lentes e Pallaso, e P.I.B.

Comentarios