Netflix e HBO deben adicar o 5% dos ingresos en España a cine ou series europeas

 Plan de fin de semana: Maratón de series con tus amigos en Netflix Party. Foto Unsplash.
photo_camera Netflix. AEP

O Goberno obrigará a plataformas internacionais de vídeo en streaming como Netflix, HBO ou Amazon Prime Vídeo a destinar o 5% dos seus ingresos xerados en España a financiar obra audiovisual europea, sexan cinema ou series. É a principal novidade do anteproxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

O texto establece que os prestadores cunha facturación xerada polos seus servizos en España superior a 50 millóns de euros ao ano deberán destinar o 5% a obra audiovisual europea ou ao Fondo de Protección da Cinematografía. Ademais, desa cantidade, un mínimo do 70% dedicarase a financiar obras independentes e un mínimo do 40% a financiar películas independentes, en calquera das linguas oficiais de España.

No caso dos que xeren unha facturación en España inferior a 50 millóns ao ano e superior a 10 millóns, deberán adicar o 5% dos ingresos a obra audiovisual europea, compra de dereitos de obra audiovisual europea ou á contribución ao Fondo de Protección da Cinematografía. O 70% débese destinar a financiar obras de produtores independentes.

Doutra banda, os prestadores do servizo televisivo lineal reservarán a obras audiovisuais europeas o 51% do seu tempo de emisión. O 50% desta porcentaxe será para linguas oficiais en España e, deste, o 10% reservarase a obras de produtores independentes.

As plataformas en streaming deberán reservar un 30% do seu catálogo a obras europeas, e o 50% desa cantidade para obras en linguas oficiais. Respecto á publicidade en aberto haberá un máximo de 144 minutos entre as 6.00 e as 18.00 horas, e un máximo de 72 minutos entre las 18.00 y las 00.00 horas.

Comentarios