NECROLÓGICA. Hortensia Fernández Iglesias

Flores en un cementerio. PIXABAY
photo_camera Flores en un cementerio. PIXABAY

Aínda que nos deixaches fai hoxe un ano, nunca logrei falar de ti en pasado, porque para min sempre estarás aí presente, coa túa preocupación por todos, con ese corazón inmenso e ese bo facer especial que tiñas. Naciches en Bendia, donde viviches toda a vida, nai de nove fillos e fillas, os que sempre axudaches e coidaches, como aos netos. Moito traballo, esforzo e sacrificio, cousa que non entende un ata que vai criando aos seus. Como lles dixen nunha ocasións aos meus irmáns, desexo que nunca se perda ese bo facer, bondade e corazón inmenso que nos trasmitiches.

Recordo o que dixo miña prima Ánxeles o día do teu pasamento: "Estarán todos xuntos, os pais e os padriños, xogando a partida no ceo, que ben o teñen merecido, despois dos traballos que levan pasado". Muller de aldea, moi traballadora (coma todas), que levaba aqueles feixes de herba na cabeza, e os fillos máis novos nunha cesta para onde ela estivera, sen descansar ata que o traballo quedara feito. Un saúdo para todos e Dios a teña no ceo.

Por Mario García Fernández.