A Mesa acusa a la Xunta de vulnerar los tratados internacionales

A Mesa pola Normalización Lingüística acusou á Xunta de vulnerar co novo decreto do galego as indicacións do Consello de Europa ao respecto do uso deste idioma no sistema educativo. Como mostra, o seu presidente, Carlos Callón, anunciou que lle vén de enviar un informe das autoridades europeas que "deslexitima internacionalmente o decretazo" que acaba presentar o Executivo.

Callón apuntou que o documento, elaborado hai trece meses por un comité de expertos do Consello de Europa, sentará as bases para futuras denuncias ante organismos internacionais no caso de que o presidente da Xunta "non rectifique a súa imposición unilateral". Ademais, aclarou que a súa elaboración foi nun momento en que o decreto do 50% promovido polo anterior Goberno bipartito xa entrara en vigor.

No informe, indicou o presidente da Mesa, recóllense as medidas que deben adoptar os poderes públicos para dar cumprimento á Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias, "un tratado internacional de obrigada aplicación no Estado español", puntualizou.

En este sentido, Callón lanzoulle unha dura mensaxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando asegurou que "os gobernantes serios cumpren os tratados internacionais sobre dereitos humanos e lingüísticos".

Por todo isto, o presidente da Mesa instou de novo "aos galegos" a secundar a folga convocada para o día 21 contra o decreto que vén de impulsar a Xunta. "Será en defensa do galego, dun ensino de calidade, pola convivencia escolar e, tamén, pola aplicación dos acordos internacionais sobre dereitos lingüísticos", concluiu.

Comentarios