martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

"Publicar o libro foi unha maneira de darlle perpetuidade aos relatos"

Martiño Suárez
Martiño Suárez
Despois de completar unha campaña de crowdfunding na que participaron 150 persoas, saíu á luz 'Bestiario do vestiario', unha recopilación de historias vinculadas ao deporte e regadas con sangue, alcohol, épica e humor, na que o menos importante é, precisamente, o deporte

O periodista burelés, Martiño Suárez chega este sábado á súa localidade natal para presentar o libro de relatos Bestiario do vestiario, un volume no que conta cincuenta historias peculiares de deportistas ao longo da historia. Será ás doce do mediodía no local da asociación cultural Xebra e contará coa actuación do grupo Grampoder, do que tamén é integrante o propio autor, xunto a Le Roi é co que chegou a editar dous discos e facer concertos por toda Galicia.

Por que se decidiu a recompilar esta serie de relatos nun libro?
Os textos, agás tres que foron escritos para a ocasión, xa saíron publicados na revista dixital Dioivo, pero facer o libro é unha maneira de que quedarán para sempre porque a publicación en internet é algo efímero.

Proxecto. "Esta experiencia está resultando moi divertida, incluso as presentacións facémolas de xeito diferente"

Que se vai atopar o lector en 'Bestiario do vestiario'?

Son cincuenta historias de deportistas raros ou con vidas raras. O protagonismo non o leva a fazaña deportiva que fixeran senón as anécdotas e o xeito en que o deporte marcou a súa vida e a súa historia. Nestes relatos pódense encontrar dende pensadores bizantinos ata filósofos gregos, que eran moi afeccionados ao deporte ou emperadores romanos, que usaban o deporte para afianzar o seu poder. En definitiva, trátase un pouco de contar a historia desde o deporte e atendendo a personaxes raras, a deportistas, digamos, desviados e tamén hai algúns nos que se reflexa o momento en que un deportista deixa de ser famoso, como no caso de futbolista Torpedo Muller, que neste caso deuse á bebida. Hai algunha historia de ídolos caídos tamén.

Con cal das cincuenta historias se quedaría?

Gústanme moito as de ciclismo, porque é o deporte que máis me gusta. Por exemplo a de Robert Millar, un ciclista dos anos setenta que se retirou nos noventa e desapareceu, non se voltou saber nada del. Houbo rumores incluso de que cambiara de sexo, pero da súa privada nunca se volveu saber nada. De vez en cando escribe artigos nunha web británica.

Este libro sae á rúa despois dunha campaña de crowdfunding, como definiría a experiencia?
Por unha parte é positiva, porque non tes que adiantar ti os cartos e ves como moita xente che doa o su diñeiro sen saber nada da historia, pero no fondo non deixa de ser unha maneira de sablear aos teus amigos, porque ao final quen che dá a meirande parte da financiación son eles. Pero a verdade é que estou moi agradecido, porque foron 150 persoas as que se sumaron a este proxecto para poder sacar o libro. De tódolos xeitos son consciente de que isto era unha cousa moi pequena -buscabamos 2.500 euros e conseguimos 2.700- e non sei si con proxectos máis importantes este procedemento sería tan viable.

Persoal. "Quédome coas historias de ciclismo coma a de Robert Millar, do que nada se sabe dende que se retirou nos anos 90"

Gustoulle a experiencia?

Si, foi un proxecto moi atractivo porque o editor tamén é amigo meu, Carlos Meixide. Ademais as presentacións quixemos que foran tamén diferentes, porque eu non teño moito don de palabra e así que o que facemos é un pequeno concerto no que as cancións teñen letras vinculadas ao deporte. A verdade é que toda a experiencia está resultando moi divertida.

Un concerto no que actúa o seu grupo.
Si, facía un par de anos que non actuabamos con Grampoder pero xuntámonos para isto porque temos cancións dedicadas ao ciclismo e tamén contamos algunha doutra xente.

Será este o principio da volta?
O rock and roll está aí e voltaremos calquera día, pero de momento está en stand by.

A de Burela será a cuarta presentación.
Si, estivemos xa en Santiago e Ferrol e o venres estaremos en Lugo. Tamén tiñamos unha en Vigo, pero supenderase polo temporal.

"Publicar o libro foi unha maneira de darlle perpetuidade aos relatos"
Comentarios