viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Marta Fernández: ''El político tiene el deber moral de dar explicaciones cuando un ciudadano se las solicite''

 Marta Fernández (Madrid, 1973) séntese xornalista ata a médula. E, aínda que foran os informativos quen a viron nacer, á fronte de Las mañanas de Cuatro confesa sentirse moi a gusto.

P Leva xa un tempo en Las mañanas de Cuatro e coa que está a caer no sector, é todo un logro...
R Efectivamente, o que hai que levar é o que aprendemos neste tempo e o que cambiou o programa, que vai acorde co que cambiaron a actualidade e este país. Hai que seguir traballando para informar, pero tamén para conseguir que grazas á nosa información poidamos saír adiante, teñamos un país mellor e unha clase política na que poder confiar.

P Non é de estrañar a indignación dos españois.
R A indignación está plenamente xustificada, porque o país está como está. Aquí os xornalistas debemos de ter un plus de responsabilidade. Debemos informar con moito coidado sobre o que está probado, sen botar máis leña ao lume. O noso labor é denunciar para que isto non se repita, para que a xente non defraude, non roube...

P Cunha clase política que non está á altura das circunstancias.
R Non se pode demonizar toda a clase política, pero é verdade que hai cantidade de políticos que se atrincheiraron no poder... Case a diario podemos ver cidadáns galegos que acoden aos concellos a pedir explicacións polas preferentes. E os políticos, que no fondo non son políticos tan de carreira, saen pola fiestra... É unha mostra do que sucede no país. Agora é o momento do diálogo. Cando un cidadán vai reclamar ao político unha explicación, o político está no deber moral de darlla.

P ¿E os xornalistas?
R Os xornalistas intentan estar á altura sacando todas as corrupcións á luz, pero creo que tamén deberiamos reflexionar sobre o partidista que é o sector. Hai veces que denunciamos a corrupción dun lado e non do outro: creo que hai que ser xustos e igual de combativos dun e outro lado.



''Letizia foi unha gran fichaxe para a Casa Real: fresco e limpo de verdade''

P A princesa Letizia foi compañeira súa. ¿Como a ve no papel de princesa?
R Letizia Ortiz é unha persoa moi intelixente, moi profesional e igual de brillante que era como xornalista, tamén o é no seu novo traballo como princesa. Foi unha gran fichaxe, por dicilo dalgún xeito, para a Casa Real. Supón unha bocanada de aire fresco, pero fresco e limpo de verdade.

P Coa que está a caer sobre a Familia Real...
R Como diría o Rei, a lei debe ser igual para todos e o xuíz Castro, que leva o caso Urdangarín, pasiño a pasiño vai instruíndoo e atando cabos. Se hai dous anos nos dixeran que pasaría isto e que falariamos con liberdade dos negocios do xenro do Rei non nolo imaxinariamos, pero tampouco nos imaxinariamos que Urdangarín podía ter eses negocios.

P En Las mañanas de Cuatro tomou a remuda de Concha García Campoy, que non pasa por moi bos momentos.
R Concha é unha das mulleres máis valentes e con máis fortaleza que coñecín. Agora está outra vez loitando contra a enfermidade, pero con esa vitalidade que ela ten. Necesítanse profesionais como ela, non estamos sobrados de xente con tanta sapiencia.

P Boa parte da súa carreira está vinculada a Telecinco e agora a Mediaset. ¿E se xurdise un proxecto noutra cadea?
R Moi atractivo tería que ser para que decidise marchar. En Telecinco síntome moi cómoda e estoulle moi agradecida. Nunca traballei con tanta liberdade como aquí. Haino que valorar e ser moi consciente do tesouro que se ten.

Marta Fernández: ''El político tiene el deber moral de dar...
Comentarios