sábado. 14.12.2019 |
El tiempo
sábado. 14.12.2019
El tiempo

RELACIÓN DE PREMIADOS:

'María y los demás' dáse un festín nos Mestre Mateo

A actriz Iolanda Muiños foi a encargada de presentar a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo
A actriz Iolanda Muiños foi a encargada de presentar a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo
O filme obtivo cinco galardóns, entre eles o de mellor película. Oliver Laxe levou o premio a mellor director por 'Mimosas' e Luis Tosar o de mellor actor protagonista

A longametraxe María y los demás (producida por Frida Films, Avalon, TVG, Movistar Plus e TVE) foi a gañadora de decimoquinta edición dos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Foi a producción que máis galardóns obtivo (cinco) e acadou ademais o premio á mellor longametraxe. Tamén a súa protagonista, Bárbara Lennie, obtivo o premio á mellor interpretación feminina. Acadou ademais os premios ao mellor guión, son e música orixinal.

A segunda no palmarés foi a serie Dalia, a modista, que obtivo catro premios: interpretación feminina de reparto (Covadonga Berdiñas), dirección de arte, vestiario e maquillaxe e perruquería.

Tres premios Mestre Mateo obtivo o documental Esquece Monelos: mellor documental, dirección de fotografía e montaxe).

Oliver Laxe recibiu o premio a mellor director pola multipremiada película Mimosas, que asemade mereceu o Mestre Mateo á mellor dirección de produción para Felipe Lage e Rafael Álvarez.


O premio ao mellor programa de televisión foi para Land Rober Tunai Show. O seu conductor, Roberto Vilar, levou tamén o Mestre Mateo ao mellor comunicador de TV.

No apartado de traballos actorais, ademáis do galardón para Bárbara Lennie, Luis Tosar levou o premio ao mellor actor protagonista por Cen anos de perdón. O Mestre Mateo para a mellor interpretación masculina de reparto foi para Monti Castiñeiras polo seu trabalo en Serramoura e a feminina para Covadonga Berdiñas por Dalia, a Modista.

REIVINDICACIÓNS.  
A actriz Iolanda Muíños foi a encargada de conducir unha cerimonia que foi reivindicativa desde o primeiro minuto e na que fixo referencia á ausencia de mulleres na ficción galega. A luva de Muíños foi recollida polo presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, quen en vésperas da celebración do Día Internacional das Mulleres fixó fincapé na situación de discriminación das féminas no sector audiovisual.

"Queremos non ter que celebrar que haxa o mesmo número de mulleres directoras que homes. Queremos que non sexa algo excepcional ter historias con mulleres protagonistas, que non sexa algo que resaltar. Esta Academia ten un firme compromiso coa igualdade, como non pode ser doutro xeito. Porque é de xustiza", enfatizou Ares, quen tamén reclamou un compromiso de administración, empresas e profesionais para mellorar as condicións laborais nun sector que acumula taxas  de desemprego do 60 por cento.

Outra das protagonistas da noite foi a directora de arte Marta Villar, que recolleu o premio de honra Fernando Rey. Villar chamou a atención sobre a desigualdade xeográfica no cine e na televisión galegos. "Galicia foi tradicionalmente un gran estudo de cinema, de norte a sur e de leste a oeste, tanto para nós como para as producións de fóra. A crise está a relegar este estudo a escasos quilómetros ao redor dunha cidade; 40 minutos de desprazamento desde a oficina de produción".

 

'María y los demás' dáse un festín nos Mestre Mateo
Comentarios