'Mar de Sangenjo', a botella de albariño que xera polémica en redes sociais

A Asociación para a defensa do Patrimonio galego sinalou como "falta de respecto" o nome desta marca de viño
Una cata de vino. ARCHIVO
photo_camera Una cata de vino. ARCHIVO

"Os termos responsabilidade social corporativa e modernidade son incompatibles con termos desfasados e antigos, que faltan ao respecto ao pobo galego". Con esta mensaxe -acompañada dunha imaxe- a Asociación para a defensa do Patrimonio galego poñía o foco sobre a marca de viño Mar de Sangenjo.

O emprego de Sangenjo no lugar de Sanxenxo non só indignou a este colectivo, senón que varios usuarios de redes socais tamén fixeron chegar o seu descontento. 

"Penoso e patetoide", "de auténtica uva Albarito" ou "Moi bo para empanada de rajo ou para unhas joubiñas fritidas. O outro día tomeinas na aldea de Perros", foron algunhas das mensaxes ao respecto.

Mar de Sangenjo é, segundo a nota de cata de El Corte Inglés, un viño branco albariño D.O. Rías Baixas, de "cor amarela moi viva e brillante. Aroma de boa intensidade con carácter  varietal, flores brancas e froita madura con lixeiros recordos de infusión. En boca móstrase fresco, saboroso e equilibrado,  untuoso, cun final de boa intensidade".

Comentarios