Lugo en 3-D, protagonista dun novo programa que a TVG estrea este luns
12 de octubre de 2019 (13:01 h.)
O novo espazo, que ten como protagonista o patrimonio galego, amosará a cidade desde un enfoque inédito, con imaxes en 3-D
A TVG estreará este luns un novo programa sobre o patrimonio de Galicia no que Lugo será o protagonista do primeiro capítulo. Segredos-Desmontando Galicia está presentado por Diana Nogueira, Alicia Burton e Quique Morales.
Na súa primeira entrega, o luns ás 22.30 horas, amosará Lugo desde un enfoque inédito, con imaxes en 3D.
Cada capítulo, semanal, deste programa explicará os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego, Mesturará a tecnoloxía e información especializada de expertos en cada tema.