Programa

Lugo quiere cuidarse

A presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, participou na inauguración das xornadas

A Deputación de Lugo e El Progreso suman o seu apoio ao primeiro salón de hábitos saudables Lugo elixe saúde que esta fin de semana acolle a Praza de San Marcos da cidade.

Este sábado pola mañá, o presidente do ente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, Lara Méndez e a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, e os dos colexios oficiais de Farmacéuticos, de Enfermería e de Médicos de Lugo, Ana Prieto Nieto, Lourdes Bermello López, e Manuel Boquete Paris, respectivamente, xunto á Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, inauguraron as xornadas.

Gómez Besteiro referiuse ás xornadas como ''exemplo claro da importancia que ten o traballo en rede entre entidades sociais, colectivos profesionais, a empresa privada e institucións públicas para promover iniciativas en beneficio dos cidadáns''. ''Apoiamos, e apoiaremos sempre'', engadiu, 'este tipo de proxectos porque as Políticas Sociais son unha parte esencial do noso traballo”, destacando medidas como o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, a teleasistencia domiciliaria ou a posta en marcha da rede provincial de residencias e centros de día públicos para a terceira idade.

Sen embargo, recalcou, ''aínda nos quedan reivindicacións sanitarias por cumprir, polas que seguiremos loitando. É de xustiza que os lucenses teñamos os mesmos servizos asistenciais que os resto dos galegos''.

Comentarios