domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' mantense como o programa máis visto na súa franxa horaria

Imaxe de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios'
Imaxe de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios'
O talent musical no que participan cantantes das orquestras galegas, xa acadara no programa do último xoves de agosto un espectacular 17% de share

Unha semana máis, A Liga dos Cantantes Extraordinarios, programa producido para a TVG pola Produtora El Progreso cun formato de Centroña Producións Audiovisuais, mantense como opción máis vista da súa franxa horaria.

O talent musical no que participan cantantes das orquestras galegas, xa acadara no programa do último xoves de agosto un espectacular 17% de share, convertíndose no contido non informativo máis visto da canle galega. O tirón deste formato mantívose na emisión do xoves pasado, a dúas xornadas de rematar, volvendo a converterse no contido máis visto da canle galega na súa franxa, cun dato de 15,6 de share e 114.000 espectadores en total, chegando á extraordinaria cifra de 291.000 persoas que viron o programa nalgún momento, sendo un dos que contan con máis  fidelidade da cadea, cun 39,1%.

Dende que comenzou a emisión da segunda edición do programa, conducido por Paco Lodeiro, o seu ascenso foi rápido e progresivo, gañando espectadores con cada programa, semana a semana, chegando a alcanzar un pico de  127.000 espectadores, según datos recollidos pola axencia Barlovento Comunicación.

Nesta nova edición, actúan sobre o escenario 16 artistas do panorama galego: Nakary (Olympus), Ana Paz (Cinema), Kris Somad (Capitol), Monia Borges (Marbella), Rita Barreiro (Charleston), Marga (ahora sin orquesta), Takito Mariñas (Televisión), Nando Jon (Génesis), Cristian Moreira (La Fórmula), David Seara (Finisterre), Iván Rodríguez (New York), Alba Navarro (Satélites), Dani Lamas (Kubo), Diego Barbazán (Fania Blanco Show), Irene Iglesias (Panorama) y Fran Castellanos (Saudade).

'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' mantense como o programa...
Comentarios