sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

Juan Carlos Vilar: ''Estudiar en la cárcel ayuda a la salud mental, pero tenemos escaso éxito en la reinserción''

O pontevedrés Juan Carlos Vilar vén de recoller o Premio Miguel Hernández polo traballo do centro docente que dirixe na Lama.

P.-
¿Considera que o seu traballo ten algo de especial?
R.- Non. Ao principio é unha situación extraordinaria, pero logo convértese nunha rutina.

P.-¿Educar axuda a reinsertar?
R.- O éxito nese sentido é moi limitado, porque cando chegan ao cárcere xa houbo un fracaso da sociedade en conxunto. Pero si que diminúe a conflitividade e axuda a manter a saúde mental. Antes dábanse complicacións psiquiátricas en condenas longas.

P.- O 10% dos reclusos teñen problemas psicolóxicos...
R.- Por non querer que os psiquiátricos fosen cárceres conseguimos que os cárceres sexan psiquiátricos, onde hai xente con trastornos de agresividade, ou con capacidade
mental reducida...

P.-¿Tivo conflitos na aula?
R.- Con convictos de réxime pechado, que supostamente son máis conflitivos e aos que lles dou clase, non tiven problema. Eles senten o contrario dos nenos, que se alegran cando chegan as vacacións e non teñen que ir ao colexio: agradecen ter unha actividade. Por iso non quero un garda na aula; crearía mal ambiente.

“Temos xente de 50 países: os do sur do Sáhara son os meus mellores alumnos”
P.- ¿Atópase con moitas deficiencias formativas?
R.- Malia que supostamente o analfabetismo debería estar erradicado, aínda nos chegan bastantes persoas que non saben ler nin escribir. Teremos un 5 por cento de analfabetos.

P.- ¿Que ensinan?
R.- Desde alfabetización básica a nivel de bacharelato. Ademais, os presos poden acceder á UNED. Procuramos educar tamén en valores, ver facer que poden cambiar e ensinarlles a vida doutro modo, aínda que é dificil reinsertar alguén que ten asumida a delincuencia.

P.- ¿Que cambiaría?
R.- O ideal sería ter módulos de Formación Profesional e darlles a posibilidade de estar traballando en todo momento. Pero hai moitos desprazamentos, traslados... e é dificil que un alumno dea un curso completo. E ao rematar a condena, moitos presos saen sen recursos e sen apoios, quedándolles só delinquir ou morrer de fame.

P.- ¿Teñen moita presenza de estranxeiros?
R.- A maior parte dos meus alumnos non son españois, e moitos non tiveron oportunidade de ir á escola. Os subsaharianos, por exemplo, son os mellores alumnos: encántalles aprender. En total, o curso pasado tiñamos xente de 50 países diferentes, cos problemas de idioma, de que hai países enfrontados entre si, de que hai xente racista....

P.- ¿ Hai entón problemas cos recentemente chegados?
R.- Non, en xeral intégranse ben. Ocorre que moitos non teñen hábitos de estudo e traballo. Hai que ensinar, ás veces, cousas básicas como aprender a respectar a quenda de palabra..

Juan Carlos Vilar: ''Estudiar en la cárcel ayuda a la salud mental,...
Comentarios