"Iba con nosotros el escritor Juan Ramón Jiménez e incluso él me cuidaba"

Vén o Día do Libro
Luis Pimentel, Pilar Cayón e Rula
photo_camera Luis Pimentel, Pilar Cayón e Rula

AO ENCARCERAR a meu pai, para estar preto del e porque para nós era perigoso vivir en Viveiro, marchamos para Lugo, de onde meu pai era natural e tiña bos amigos, entre eles Juan Rof Codina, co que se sentía moi identificado como veterinario e do que seguía as súas propostas progresistas para o agro galego. Fomos vivir a unha pensión situada no mesmo edificio no que vivía Luís Pimentel, na rúa Bispo Aguirre. Cruzabámonos todos os días nas escaleiras, pero como por causa da guerra e da represión estaba atravesando unha fonda crise persoal comportábase como un autómata que vivía fóra da realidade, non se daba de conta de nada e nin saudaba aos veciños. Eu daquela só sabía del que era un médico, pero descoñecía a súa dimensión de poeta.
Luz Pozo Garza / Lugo

O imán que me levou a Alfonso Baamonde foron os seus tíos, o saudoso Xosé Luis García Mato, Guedelliñas, e sua irmá Carmiña, que rexentaba unha mítica libraría e quiosco de prensa na mesma casa que fora de seu avó Antonio García Hermida, un dos grandes xornalistas da vila e fundador das Irmandades da Fala. Tamén polos Hermida, parentes directos da miña mestra da infancia. O gosto pola cultura víñalle, pois, de familia. E grazas a eles coñecín moitos secretos da historia cultural e política de Vilalba, atopei xornais e mesmo documentos vidos da emigración americana. Os seus tíos morreron, e agora é Alfonso o verdadeiro zahorí da memoria da tribo vilalbesa, o que se ocupa de facer unha derradeira foto á cafetería Roca o día antes de que encerrase para sempre ou o que leva conta de vida e éxitos dos moitos vilalbeses que, sen moraren agora na vila, son patrimonio da mesma.
Ramón Villares / Vilalba

Con solo 2 años, en 1936, mi madre se embarcó a Cuba dado que su padre -socialista, pero de los moderados-, estaba en domicilio desconocido, es decir, escapado. Mi madre tuvo que marcharse porque la andaban buscando para que delatara a mi padre. Ella era muy joven, tenía 21 años y recuerdo que en el barco se encariñaron conmigo. Iba con nosotros el escritor Juan Ramón Jiménez e incluso él me cuidaba.
Marcos Bourio Villarino / Lugo

Mi padre, José Almoina, trató de fingir que todo iba bien y que estaba contento, pero siempre tuvo un deje de tristeza y amargura que no podía disimular mientras vivimos en Santo Domingo. Una vez que llegamos a México, nuestra vida mejoró y veía a mis padres mucho más contentos, aunque constantemente nos mudamos de casa y, en algunas ocasiones, cada uno de nosotros, sus hijos, tuvimos que separarnos y vivir una temporada con alguna de nuestras amistades, por miedo a algún atentado que pudiera sufrir mi padre (finalmente asesinado por Trujillo).
Leticia Almoina / Lugo

Un dos personaxes máis interesantes que coñecín nesta cidade foi Xosé Gayoso Veiga, ao que todos chamabamos cariñosamente e con todo respecto Pepito Gayoso. Na década dos setenta adoitabamos bater con el e charlar uns minutos na rúa Doutor Castro, onde vivía, cando saía de comer, que viña sendo ás seis da tarde, e de alí ía a ler os periódicos ao Círculo. Pepito, delgadiño e xuvenil, como apunta o diminutivo, era un reputado profesor de matemáticas do que se dicía que daba clases a horas rarísimas e que, non estando de acordo co sistema capitalista, dividía o que presupostara para as súas necesidades mensuais entre o número de alumnos e non lles cobraba unha cadela máis do que resultase desa operación.
Isidro Novo / Lugo

El polo opuesto a La Coruña era para mí Lugo y nuestra casa de San Miguel en el valle de Neira de Rey. Aunque Lugo era una ciudad amurallada y de viejos monumentos, no estaba totalmente anclada en el pasado. No sólo mi familia era vanguardista sino también había un grupo muy selecto de intelectuales modernos, entre ellos el poeta Luís Pimentel o el arquitecto Eloy Maquieira, que era seguidor de Le Corbusier.
Antonio Bonet Correa / Lugo

Nada quedaba á marxe da súa pesquisa, do seu estudo, da sua memoria de inquieto cronista oficial de Monforte. Estaba permanentemente ás ordes de canto importaba o seu pobo, é decir, o noso pobo de Monforte de Lemos, onde el tiña nacido. Perdímolo para sempre; nunca o esqueceremos. Era Chicho Balado, cuxo pasamento hai poucos meses abriu unha fonda ferida en todos os seus conveciños, o que presupón dicir en todos os seu amigos, porque era amigo de todos.
Francisco Suárez Fernández / Monforte de Lemos

En el verano del 91, mi mujer organizó un viaje por Asturias junto a María y Jorge, un matrimonio amigo. Una noche, cenando creo que en Tazones, comenzamos a hablar de libros y lógicamente yo mencioné ‘Pasos sin huellas’, de Fernando Bermúdez de Castro, (la novela que me había impresionado). «¿De quién has dicho?» -me preguntó María-. «De Fernando Bermúdez de Castro», repetí. «¡El tío Fernando!», exclamó ufana ella. Resultó que el autor de aquella maravillosa historia era tío suyo, y no solo eso, sino que además, cuando al día siguiente llegásemos a Viveiro (Lugo) era posible que en la tercera planta de la magnífica casa que la familia de María poseía allí, era posible, repito, que pudiese conocer ¡a Fernando en persona! Así fue y os aseguro que aquella tarde resultó inolvidable para mí y creo que también para el tío Fernando. Imaginad a un escritor que la primera novela que escribe gana el Planeta y no vuelve a publicar nunca más, que está tranquilamente pasando la tarde, cuando su sobrina entra a saludarle y a decirle que un amigo suyo quiere conocerle y que además es hermano de Almudena Grandes. Pero imaginad su sorpresa cuando inicia la conversación ponderando y reconociendo la obra de la novel escritora y descubre que el hermano de ésta no quiere hablar de ella sino de ‘Pasos sin huellas’.
Manuel Grandes / Viveiro

Luis Tobío era un deses xardineiros do espírito que conmovían e transformaban, coa súa delicada intelixencia sempre disposta a iluminar ás persoas que o trataban. Entregado por unha vida enteira á causa do galeguismo e a democracia, Tobío foi un traballador incansábel no estudo e na divulgación do valioso da nosa historia e cultura, desde a Igrexa de Santa María ao Conde de Gondomar, desde as moedas antigas do Valadouro ás reviravoltas familiares e biográficas de Rosalía. Nas súas estadías de verán en Viveiro, hospedado no Orfeo, dedicaba a algúns dos que con el compartiamos esas inesquecíbeis xornadas, longas tertulias enchidas de revelacións, de descubertas, de curiosidades, de lembranzas e de opinións sobre o divino e o humano. Consólame saber que Viveiro tivo con el nos últimos anos algún dos recoñecementos e atencións que sen dúbida merecía ese seu fillo ilustre e predilecto.
Emilio Ínsua / Viveiro

Lois (Pereiro) tiña, como dixo Rivas, un radar para detectar todas as manifestacións artísticas que pagaban a pena, a vangarda, nunha época na que o que se viña de escoitar na radio eran ‘Mi jaca’ ou ‘Madrecita María del Carmen’, e na televisión poñían as películas de Alfredo Landa. Era o que pechaba as discusións, e non por impoñerse a berros. No ámbito privado era moi cariñoso e, no intelectual, moi observador e irónico. Era moi educado, pero tamén cunha habilidade extrema para o sarcasmo. O seu mundo literario era a centroeuropa xermánica, pero o seu carácter tiña o humor dos británicos.
Xosé Manuel Pereiro / Monforte de Lemos

Comentarios