"Hai xente que pensa que estou tola, pero hai tamén algo enerxético"

A viticultora procedente de Allariz, Laura Lorenzo, creou Daterra Viticultores, un proxecto no que facer viño se converte nun traballo cheo de cariño pola terra e pola xente que a rodea 
Fotografía
photo_camera Laura Lorenzo. MANI MORETÓN

LAURA LORENZO adícase a facer viño por paixón, por honrar a todos os agricultores que confiaron nela e lle prestaron as súas terras e por aqueles que non poden estar traballando nelas.

De onde lle vén esa paixón por elaborar viño?

Cando estaba en cuarto da Eso saíu nun exercicio de Lengua Española a palabra ‘enoloxía’ para buscar o seu significado. Eu non veño dunha familia vitícola, e desde ese momento empezo a preguntar onde se estudia eso e ninguén sabía nada. Xa cando estaba en segundo de Bacharelato unha amiga veume cun dosier do xornal que falaba da enoloxía como unha nova profesión.

Recibíu algún tipo de formación?

Eu vin que era algo que me interesaba moito, poderte dedicar a elaborar viño parecíame fantástico. A miña familia dicíame que polo pouco que sabían diso era algo que se herda de pais a fillos polo que nunca me ían poder axudar. Eu empezo a investigar e descubro que hai un instituto en Galicia que ten un ciclo de Formación Profesional e fíxeno para ver si aquelo me gustaba. E foi así.

Cal foi a súa primeira toma de contacto con esa profesión?

As prácticas da Formación Profesional. Tiven a sorte de estar na Ribeira Sacra e seguíume interesando. Despois o primeiro trabatexto llo que tiven foi nun laboratorio, aí empecei a coller dúbida de que igual me equivocara. Logo tiven a boa sorte de que unha familia de Manzaneda iniciou un proxecto nunha adega completamente diferente ao que había en Galicia ata aquel entón. Buscaron unha persona nova que non soubera nada, para que non viñera con manías. E alí chego, e a través desa adega e desa familia coñezo este sitio onde quedei durante creo que nove anos.

E despois que pasou?

Marchei, necesitaba parar un pouco e pensar, levaba correndo moito tempo e non me atopaba ben. Dediqueime a coñecer realmente o sitio no que estuvera e apareceron amigos que se teñen que facer cargo de viñedos porque nos atopamos nun momento no que non hai relevo xeracional nin rural. Eso fixo que moita xente me ofrecera as súas viñas. De entrada eu acepto sen saber que vou facer. Despois empezo a alugar eses viñedos, posteriormente a mercar e case de casualidade empezo o proxecto sen un plantexamento económico, empezo por paixón , por vínculos que eu fun facendo coa xente.

O proxecto Daterra Viticultores, que significa?

Débese a esa historia de que todas esas propiedades que nós fomos comprando eran de viticultores de aquí, da terra. É unha homenaxe a toda esa xente que plantou ao longo da historia todas esas viñas e que por falta de políticas os herdeiros naturales non poden atendelas.

Cre que a día de hoxe hai falta de información sobre o sector da agricultura?

Hoxe está cambiando. Xa moitos mozos non cren que ser agricultor ou ganadeiro sexa un desprestixio. Xa se pode ver na tele reportaxes nas que sae xente nova orgullosa nas explotacións gandeiras, de mancharse as mans con merda, que non pasa nada. Xa está cambiando, xa hai moitos mozos que deciden quedar e non lles dá vergoña.

En ese mundo en xeral existe o machismo?

Si, pero as cousas cambiámolas nós, actuando. Probablemente e espero que dentro duns anos xa artigos de ‘Viños feitos por mulleres’ ou ‘Viños feitos por homes’ non sexa necesario facelos. Penso que non fai falta reinvindicarse, simplemente cada día practicas algo e chega un momento no que se normaliza e penso que en pouco tempo dará igual que sexas muller ou home para facer viño. Xa levamos moitos anos loitando.

En cada viño hai algo de vostede e dos traballadores?

Si, cando era moi nova pensaba que non. O máis importante é a terra, é o valor máis grande que temos porque iso non o pode levar ninguén. Pero despois están as persoas, as decisións que toman esas persoas, que está acontecendo a nivel social en ese momento, que pasa nas súas vidas afecta tamén en cómo traballan nesa viña e no viño. Hai xente que pensa que estou tola, nós vemos o físico, pero hai tamén algo enerxético.

Comentarios