Hai que ir cos tempos

Desde quen se queixa polo sono inevitable ata quen festexa esa hora máis de luz pola tarde. O cambio de hora suscita debate cada seis meses, pero de momento hai que aturalo.
Cambio de hora.
photo_camera Unha persoa axusta o reloxo ao cambio de hora.

Hai que ir cos tempos. Esa frase tan recorrente dos maiores adquire esta fin de semana un significado especial porque inevitablemente os reloxos de toda España deberán adiantar unha hora. O último domingo de marzo sempre ten 60 minutos menos do habitual, un tempo de prezado sono que se bota en falta durante unha boa tempada. A cambio, polas tardes haberá máis horas de luz solar que permitirán aproveitar o día máis aló da xornada laboral.

Esta fin de semana é unha das máis polémicas do ano porque os argumentos a favor e en contra do cambio horario repítense unha tempada tras outra. Todos son solventes, todos teñen razón, e todos van polo río abaixo porque o cambio de hora vén establecido e en nada vai influír quen gañe ou perda a discusión da comida familiar do domingo.

A razón inicial para variar a hora na primavera e no outono foi o aforro enerxético. Nin sequera os expertos se poñen de acordo de se na actualidade se produce tal aforro. No que si van á par é na consideración de que descolgarse dun cambio horario que se aplica en toda Europa dificultaría as relacións exteriores, sobre todo a nivel financieiro e empresarial.

Consideracións enerxéticas á marxe, hai outra cuestión que a Galicia lle afecta especialmente. O territorio galego está nun fuso horario que non se corresponde co do resto de España. Galicia está situada á altura do Reino Unido, Portugal ou as illas Canarias, que tamén cambian de hora, pero durante todo manteñen unha menos. 

A discusión entre os galegos non é só se apetece ou non cambiar de hora hoxe e de novo no outono, senón se polo cuestionado aforro enerxético non deberiamos seguir o horario dos canarios.

A polémica está servida e durante uns días, o tempo que suscitará as conversas non será o meteorolóxico, senon o que marca o reloxo. No único que todo o mundo está de acordo é que en lugar de facer o cambio o domingo ás dúas da madrugada ben podía ser o luns ás dez da mañá.

EDGAR ESCALONA. O neurofisiólogo Edgar Escalona, do hospital Ribera Polusa de Lugo, non ten dúbida de que os cambios horarios, tanto o da primavera coma o do outono, alteran o ritmo circadiano, o reloxo interno que regula os procesos fisiolóxicos do organismo humano. Aínda así, avanza que non hai estudos concluíntes, senón múltiples investigacións que apuntan tendencias.

Indica que a maioría das persoas compensa en poucos días os efectos do cambio horario, pero tamén subliña que os estudos sinalan un aumento da "incidencia de eventos cardiovasculares y cerebrovasculares, así como intentos de suicidio, aumento de la frecuencia de accidentes de tránsito y laborales, inasistencia a los controles médicos e incluso sobre la mortalidad general". Apunta, ademais, que estas tendencias son máis acusadas no cambio de primavera, o que se produce precisamente mañá.

Refire estudos que falan de maior risco vascular, suicidio ou deterioro cognitivo

Escalona constata que os efectos máis xeralizados deste cambio de hora son "cansancio y cambios de humor, con tendencia a la somnolencia durante el día, falta de concentración y disminución del rendimiento físico e intelectual". Engade que tamén se ten rexistrado unha "mayor frecuencia de crisis migrañosas, epilépticas e intensificación del deterioro cognitivo en pacientes mayores".

Sostén que a maioría das persoas compensa en poucos días os efectos do cambio

Na súa opinión, o mellor xeito de minimizar os trastornos é prepararse para o cambio, "modificando la hora de acostarse de forma gradual hasta que ocurra el cambio formal". A isto habería que engadir as recomendacións de hixiene do sono aplicables en calquera momento do ano, que Edgar Escalona resume en "evitar la luz en las habitaciones, sobre todo de espectro azul; el uso de dispositivos electrónicos, incluso la televisión; evitar bebidas estimulantes y no hacer ejercicio al menos tres horas antes de acostarse".

Jesús Casabiell, médico e profesor de Fisioloxía.
Jesús Casabiell, médico e profesor de Fisioloxía.

JESÚS CASABIELL. A Jesús Casabiell, médico e profesor de Fisioloxía no campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), unhas lle van e outras lle veñen. Recoñece as influencias negativas sobre os ritmos circadianos, pero tamén apunta aspectos positivos que contribúen ao benestar das persoas. Unha de cal e outra de area que van compensando a balanza. Para saír do paso, lembra a afirmación de Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo da USC, quen conclúe que "seguir co cambio de hora é a solución menos imperfecta". 

Jesús Casabiell distingue entre os efectos do cambio horario da primavera e os do outono. No caso que hoxe nos ocupa, "pérdese unha hora de sono e esa deprivación, aínda que semella de pequena magnitude, parece estar asociada cun leve incremento do risco de episodios cardiovasculares, especialmente entre a parte da poboación que ten un cronotipo natural máis vespertino", é dicir, aquelas persoas que renden máis nas últimas horas do día que nas primeiras.

O cambio de hora do outono permite durmir unha hora máis, co cal o desfase do sono non é tan incómodo coma na primavera. Jesús Casabiell explica que neste caso os efectos son maiores no plano psicolóxico. "As persoas cun cronotipo matutino gozarán dunhas mañás con máis iluminación solar, con efectos beneficiosos sobre o seu estado de ánimo. Pola contra, as persoas cun cronotipo vespertino atópanse con menos horas de luz no seu período de máxima actividade, o que pode redundar nun maior risco de problemas depresivos", comenta.

Este profesor de Fisioloxía apunta que o maior aproveitamento da luz solar que se pretende con calquera dos dous cambios horarios redunda nun maior desfrute de horas de luz despois da xornada laboral, "o que favorece as actividades de ocio e lecer e o exercicio físico, efecto potencialmente positivo" en calquera caso.

Jesús Casabiell advirte que Galicia está fóra do horario que lle corresponde por situación

Jesús Casabiell apunta que, á marxe do cambio horario, hai outras circunstancias que inflúen negativamente sobre os ritmos circadianos "e das que non somos completamente conscientes. Pon como exemplo o desfase horario que hay en Galicia con respecto á hora solar ao utilizar o mesmo fuso horario que países da Europa central. "Aquí faise de noite a unha hora bastante avanzada, especialmente no verán. Iso retrasa o horario do sono, efecto potencialmente negativo, pero como contrapartida supón máis horas de sol para ocio e lecer, potencialmente positivo".

Pero chama a atención sobre outras "interferencias externas moi potentes" que están normalizadas na rutina diaria e que non favorecen o benestar, como as horas de máxima audiencia da televisión. "O prime time televisivo está centrado nunhas horas pouco razoables, tanto se hai cambio horario coma se non o hai", explica.

Apunta que hai outros factores que alteran, como as horas de máxima audiencia da televisión

Jesús Casabiell considera que ter "unha visión real dos efectos é complicada porque hai moitas vertentes a considerar". E chama a atención sobre a diferente opinión entre expertos e poboación. "Se falamos de manter a mesma hora todo o ano, moitos dos expertos abogan por quedar co horario de inverno, pero a poboación xeral decántase preferentemente por manter o horario de verán".

Por outra banda, os profesionais que requiren luz natural para traballar entran nunha etapa boa do ano. É o caso dos sectores forestal e da construción, que a partir da primavera poden escoller as horas máis propicias para realizar o seu labor, para optimizar as xornadas ou para fuxir dos momentos de máis calor do día.

Nuria Rodríguez, xerente de Lugomadera.
Nuria Rodríguez, xerente de Lugomadera.

SECTOR FORESTAL. Nuria Rodríguez, xerente de Lugomadera, explica que as maiores restricións laborais para o sector forestal danse a partir de outubro, especialmente en novembro e decembro, porque non se pode traballar no monte antes das 8.30 horas e hai que rematar sobre as 17.30. Nese tempo, "non sempre se poden traballar oito horas e as empresas teñen que buscar o xeito de manter a actividade".

Coas condicións de luz actuais, ata hoxe podían comezar a xornada ás 8.30 horas, pero a partir do luns perderán algún tempo pola mañá. "Co cambio de hora da primavera poderán empezar a traballar no monte a partir das 9.00, pero eses minutos de diferenza axiña se compensan porque o sol sae cada día máis cedo", explica Nuria Rodríguez.

O que si permite o horario primaveral é ampliar a xornada pola tarde. Aínda así, Nuria Rodríguez considera que coas condicións actuais de luz non inflúe demasiado este cambio porque na primavera e no verán hai horas suficientes para desenvolver a xornada con normalidade.

Nuria Rodríguez valora que o traballo forestal pode empezar antes para evitar o calor

O bo desta época do ano é que "de aquí en diante podes escoller. Cando se acerca o verán pódese anticipar o inicio e parar antes. Por exemplo, hai quen empeza ás 7.00 horas e fai xornada continua para rematar antes e evitar os momentos de máis calor".

Nuria Rodríguez explica que as escasas horas de sol no inverno prexudican moito ao sector forestal, que ten que "buscar zonas onde se poida traballar e poñer as condicións necesarias para garantizar a seguridade dos traballadores. Non é posible pechar unha empresa sen máis e renunciar aos ingresos de medio ano, hai que buscar alternativas".

Eugenio Corral, xerente da Apec.
Eugenio Corral, xerente da Apec.

CONSTRUCIÓN. O xerente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (Apec), Eugenio Corral, cre que o cambio de hora non inflúe na actividade do sector, pero admite que si está moi condicionado polas horas de sol disponibles en cada época do ano.

Explica que nos meses de inverno os traballos en exteriores vense limitados polo tempo de luz natural e os que se realizan no interior resultan máis caros porque conlevan un importante gasto enerxético en iluminación artificial. "No es lo mismo trabajar en una obra pública de una carretera por la noche que en el interior de una vivienda", y añade que "hay trabajos que requieren continuidad y para los que hay que tener en cuenta las horas disponibles antes de iniciarlos. Por ejemplo, cuando estás haciendo una placa grande en un edificio no puedes parar hasta que la termines".

Tendo todas estas consideracións en conta, "cada empresa organiza su horario en función del tipo de trabajo que tiene que realizar en cada jornada. En invierno hay que adaptarse a las horas de luz, que son pocas, pero a partir de ahora hay más flexibilidad", explica o xerente da Apec.

Eugenio Corral di que o aumento de horas de luz facilita a programación de tarefas nas obras

Apunta que "muchas empresas ofrecen beneficios a los trabajadores que cogen vacaciones en invierno porque la capacidad de trabajo es limitada y pueden prescindir de parte de la plantilla". Deste xeito, aseguran máis persoal a disposición nos meses de maior actividade.

Nos períodos máis cálidos, tamén se rexistran adaptacións da xornada para aproveitar as horas de fresco e evitar as de maior exposición ao calor.

En resume, que a partir do luns os forestais e os construtores disporán de menos luz ao inicio da xornada, pero poderán ampliar o horario de tarde porque terán luz suficiente para traballar. Pero cando pasen uns días, o sol iralle restando tempo á lúa e eses minutos de escuridade para recrearse co café desaparecerán. Hai que ir cos tempos e sen despistarse.

SABÍAN QUE...
Inicio
► O cambio de hora actual foi proposto por William Willett e xeralizouse durante a Primeira Guerra Mundial, para aforrar carbón. 

Quen cambia
► O horario de verán é utilizado sobre todo no hemisferio norte e afecta a algo máis de 1.600 millóns de persoas.
► Cambian de hora os países europeos, excepto Rusia, Bielorrusia e Turquía. Tamén a maioría de Estados Unidos e Canadá, entre outros.
► Unha gran parte dos países de Centroamérica non consideran necesario utilizar o horario de verán porque teñen moitas horas de luz. É o caso de Aruba, Belice, Costa Rica, Honduras, Guatemala, Xamaica, Panamá ou O Salvador
► Hai casos curiosos como México, Brasil ou Australia, onde unha parte do país cambia de hora e outra non.

Civilizacións antigas
► Civilización antigas como a exipcia, a romana ou a mesopotámica establecían o tempo dun xeito moi variable. Habitualmente dividían o tempo de luz solar en doce horas, de xeito que unha hora no verán duraba máis que no inverno.

Comentarios