"Gozó fama de saberse de memoria la 'Suma Teológica' de Santo Tomás"

Vén o Día do Libro
Gamallo Fierros e Dámaso Alonso (Fotos Sáez)
photo_camera Gamallo Fierros e Dámaso Alonso (Fotos Sáez)

DESPOIS DA guerra, claro, tratei a Piñeiro moitísimo, coincidimos moito, en Lugo, primeiro, nesta tertulia do Méndez Núñez, e despois, en Santiago, onde pasou el a vivir. Eu ía entón a Santiago, xa estaba un pouco incorporado de novo á vida pública cultural, de maneira que me chamaban a dar conferencias e Piñeiro sempre viña a verme, se non era o que negociaba a miña visita. Logo eu vivín na mesma casa de Piñeiro, en Xelmírez 15, no piso inferior, pois mentres non trouxen á miña muller viña de Lugo certos días e entón se me facilitou, xentilmente, aloxamento, algúns cuartos no piso que estaba baleiro nesa casa que é de Domingo García Sabell.

Ricardo Carballo Calero / Lugo

A primeira imaxe de Iglesia Alvariño na miña lembranza é a dun mozo delgado, máis ben alto; non vin eu nel esa timidez que menciona Salvador Lorenzana, tiña unha voz máis ben baixa, dun metal agradable; lía moi ben, modulando a voz. Todo nel falaba de equilibrio e serenidade; sei dalgunhas cousas que o irritaban ou que o mancaban, porque el era enormemente sensible, pero nunca o oín berrar nin decir unha palabra máis alta que outra; nada adusto nin severo na súa expresión: na conversa predominaba o bon humor e a frase chistosa. Nada de histrionismo nin de grosería; toda a súa actitude era de dignidade. Era un home contido, freado. Ao longo dos anos de trato con el, pareceume adiviñar que tivera e tiña fortes loitas interiores: si, unha secreta batalla consigo mesmo, cuxo significado non descubrín.

Manuel Rodríguez López / Lugo

Barbudo, caritativo y progresista, Leiras era el contralevita del Mondoñedo levítico. El hombre de muchos libros frente al escolástico de un solo libro. (Era estudiante en Mondoñedo Justo Rivas Fernández, herrero de oficio y más tarde obispo de Plasencia, que gozó fama de saberse de memoria la ‘Suma Teológica’ de Santo Tomás y ninguna otra cosa). Noriega buscaba en Leiras al poeta gallego, famoso en los círculos literarios, a pesar de no haber publicado ningún libro. Era, en efecto, un feliz cultivador de las formas poéticas populares, sobre todo, del cantar, y un conocedor excepcional de la lengua.

Aquilino Iglesia Alvariño / Mondoñedo

Fernández de la Vega era un pensador con formación filosófica e gran escritor. Presidimos xuntos moitos concursos literarios e de pintura. Tiña unha basta cultura e lía a cotío temas filosóficos. Correa Calderón era un erudito, tanto nos ensaios como nas creacións literarias. Coñecía os clásicos e as linguas modernas. Hai que citar a Correa Calderón á forza cando se estuda a Gracián.

Xosé Trapero Pardo / Lugo

Síntome orgulloso de ter sido moi amigo do meu paisano Ramón Villar Ponte, fundador das Irmandades da Fala e diputado galeguista con quen visitei por primeira vez o Congreso de Deputados. Uníame gran amizade con Alexandre Bóveda, que vén a Lugo con Castelao, e participamos os dous nun mitin na Praza Maior. Tiven moi boa relación con todos os galeguistas e, por suposto, con Ánxel Fole. Son galeguista de sempre porque son galego. Son socialista galeguista.

Jacinto Calvo / Lugo

Mi padre anduvo por la Mariña de Foz, leyendo a Niestzche y a los jóvenes Unamuno, Valle Inclán, Baroja y Azorín, y publicando la revista El Guau-guau, en cuyas páginas colaboraron sus amigos Antonio Villar Ponte, una de las preclaras fuentes das Irmandades da Fala y el autor, con Ramón Cabanillas, de la tragedia ‘O Mariscal’; y Antonio Noriega Varela, el poeta ‘do ermo’, y al decir de mi padre, uno de los hombres más pobres y una de las almas más ricas y generosas que conoció jamás.

Camilo José Cela / Foz

(Gamallo Fierros), grande amigo de moitísimos anos cuxa obra periodística, erudita e poética foi inmensa e dispersa por mor do seu caótico carácter. Non acadou a sona e espallamento que merecía. Como todo espírito ceibe e silenciado, sobre todo polos que o asediaban pedíndolle eruditos datos... Á súa morte escribín sobre el un longo traballo bio-bibliográfico onde analizo a historia psicoideolóxica da súa evolución intelectual e moral, dende o seu inicial nacional-catolicismo ao marxismo ateo. Por certo, o seu grande amigo, Fraga Iribarne, mostrou máis comprensión do texto e do tema cós liberais nacional-galeguistas da época...

Daniel Cortezón / Ribadeo

Tamén podemos toparnos de fociños coa musicalidade silenciosa de Pimentel, coa rotundidade racional tronzada de humor de Celestino Fernández de la Vega, que un día decidiu quedar no Miño, ou cos versos de Lorenzo Varela que levamos tatuado na memoria: «Na vida, na morte, no amor e no ren, / louvareite, Lugo de aceiro e de mel». Son estas horas de ollar cobizoso ante presenzas que teñen moito de imaxinario colectivo e de saber honrar os profetas de historias máxicas. Palabras e xolda para camiñar por rúas escritas co pulso dos benditos clásicos e da nova infantería das letras.

Pedro Rielo / Lugo

Aquel día sufrimos una distracción en el rezo y nuestros ojos no se separaban de un singular personaje que, como una estatua orante, permanecía fija su vista en la Santiña. Era este un hombre entrado en años; calzaba gruesos zapatones y entre sus manos sostenía un chambergo de anchas alas; recia zamarra cubría su tronco, y, apoyado sobre el reclinatorio, donde permanecía arrodillado el desconocido, un inmenso paraguas de traza campesina…Tenía algo de señor, algo de viejo hidalgo, y sus maneras - de rancia solera empapada en rigurosa urbanidad-, revestían una atrayente delicadeza. Es Noriega Varela. Desde entonces jamás olvidamos la efigie del poeta de la montaña. Bajo la sombra acogedora de los claustros, en nuestros coloquios literarios no faltaba casi nunca el comentario elogioso de sus versos por Chao Espina, Iglesia Alvariño, Díaz Castro.

Suárez Serantes / Mondoñedo

Lémbrome do amigo escritor sensible e de requintado gusto literario; de estética, profesor peripatético; intransixente coas patochadas pseudoartísticas duns autores, comediógrafos os máis deles, postos ao servizo dunha burguesía pedestre co gusto destragado e alimentado polos hermanos Álvarez Quintero. Que, segundo o meu amigo, eran tres: Serafín, Joaquín e Manuel Linares Rivas.

Marino Dónega / Lugo

Neste período datan os expertos algunhas das primeiras manifestacións líricas do precoz poeta, (Pastor Díaz) inspiradas nun amor de nenez, son poemas lembrando a Lina, a nena que o ten engaiolado, versos a pouco moi influenciados pola enfermidade e o pasamento da nena, teima que lle afecta moito. Contan os biógrafos, que chegan a apuntar o nome da cativa, que o Nicomedes adolescente recibe a noticia por medio de Ramona, a mandadeira, unha muller de Viveiro que levaba cartas e recados aos seminaristas polos atallos dos montes da serra do Xistral.

Fausto Galdo / Viveiro

Eu nacín en Lugo pero meus pais cando eu tiña doce ou 13 anos traballaban en Quiroga e dende alí ao Courel era un paso. Case todas as fins de semana subiamos ao Courel para visitar algún amigo de meu pai. Non podo dicir que fose amigos íntimos de Novoneyra, pero si que fomos moi amigos e veciños do barrio de Catasol de Lugo, onde vivían os pais da súa muller, Elva. Cando el estaba en Lugo volviamos de viños xuntos e algunha vez teño sido convidado á súa casa.

Xulio L. Valcárcel / O Courel

Comentarios