Gayoso e Ana Peleteiro darán as badaladas de fin de ano na TVG

A retransmisión realizarase desde a compostelá Praza do Obradoiro
Ana Peleteiro, na imaxe que empregou a cadea autonómica para dar a noticia. CRTVG
photo_camera Ana Peleteiro, na imaxe que empregou a cadea autonómica para dar a noticia. CRTVG

O presentador Xosé Ramón Gayoso e a atleta Ana Peleteiro serán os protagonistas do programa especial das badaladas de fin de ano que a Televisión de Galicia (TVG) prepara para a noite do 31 de decembro.

Diso informou a CRTVG nun comunicado, no que destaca que as doce badaladas que anuncian o Ano Novo seguiranse en directo desde a Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.

Ana Peleteiro, actual campioa de Europa de triplo salto en pista cuberta e unha das grandes figuras do deporte galego, prepara a súa participación nos Xogos Olímpicos de Toquio.

Segundo indicou a CRTVG, a atleta mostrou a súa ilusión por poder compartir esta cita na Televisión de Galicia con Xosé Ramón Gayoso especialmente nun ano "tan complicado para todos".

Comentarios