Fútbol solidario en Brión

Xogadores dos equipos de fútbol Grixoa, Ordes e Bertamiráns, conxuntos galegos de Terceira División, así como de outros clubes galegos, como do Dépor B, daranse cita nun partido benéico organizado polo Banco de Alimentos do Concello de Brión.

O encontro terá lugar o sábado 28 de decembro a partires das 16.00 horas no estadio municipal da localidade coruñesa.

Nunha primeira quenda, os benxamíns do clube Bastavales UD faranse protagonistas do céspede cunha exibición, para dar logo paso aos veteranos do conxunto, que se medirán no terreo cun combinado de Terceira.

A entrada ao campo é gratuíta, pero, iso si, a organización do evento solicita a todos aqueles que se acheguen que aporten algún alimento que deixar á entrada.

A intención non é outra que repetir a exitosa recadación do ano pasado, primeira edición deste encontro benéfico, no se se conseguiu máis dunha tonelada de comida.

A organización convida, ademáis, ao público, a participar no sorteo de varios regalos -libros, balóns, vales de compra e ata un lacón doados polos establecementos colaboradores- que terá lugar no descanso.

Comentarios