Fernández Paz, candidato por partida dobre para a Gala do Libro Galego

Dous libros do autor vilalbés figuran entre os seleccionados na edición do ano pasado ►O colaborador de El Progreso Ramón Rozas aspira a un galardón en xornalismo cultural
Agustín Fernández Paz
photo_camera Agustín Fernández Paz

As candidaturas para escoller as obras e os autores máis destacados da edición en galego do ano pasado, que se coñecerán na Gala do Libro Galego, deron como figura destacada a Agustín Fernández Paz. O escritor de Vilalba, finado o ano pasado, figura coas ‘A casa do medo’ (Xerais) e ‘O soño do merlo branco’ (Xerais) na listaxe de candidaturas en Literatura Infantil e Xuvenil.

Os premios, que se coñecerán o día 20 de maio, son convocados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.

O lucense Henrique Alvarellos tamén figura nun posto destacado como editor e coautor de ‘Os últimos carballos do Banquete de Conxo’ -no apartado de Ensaio- e como editor do manuscrito inédito de ‘De catro a catro’, de Manuel Antonio (Iniciativa Bibliográfica).

En Ensaio aspira tamén a un recoñecemento Emilio Insua, con ‘A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades’ (Baía), que comparte categoría coa biografía do chairego Manuel María, ‘Labrego con algo de poeta’ (Galaxia), que fixo Mercedes Queixas.

HÉRCULES. Teresa Moure, nacida en Monforte, coordenou para Xerais e Através ‘Bolxeviques 1917-2017’, nominada tamén en Iniciativa Biliográfica. O mesmo caso é o do editor de Hércules, o taboadense Francisco Iglesias, co seu libro ‘Será correcto?’, de Concha Blanco e María Canosa.

O editor lucense Henrique Alvarellos é un dos favoritos ao ser aspirante nas categorías de Ensaio e na de Iniciativa Bibliográfica

Hugin e Mungin, outra editorial que xestiona un lucense, Alejandro Tobar, figura como responsable de publicar a tradución que fixo Isabel Soto de ‘ A contrafío’, de Joris Karl Huysmans.

En Poesía amplíase a nómina luguesa con Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) como autor de ‘Cinepoemas’, editado pola sarriá Ouvirmos; con ‘Rosa tántrica’, da ribadense Luz Pozo Garza, que publicou Alvarellos. Chan de Pólvora, que dirixe o monfortino Antón Lopo, é aspirante co libro ‘Suicidas’ de Fran Cortegoso. Esa mesma editora está nominada en Inciativa Cultural e Fomento da Cultura.

O articulista de El Progreso e Diario de Pontevedra Ramón Rozas é aspirante en Xornalismo Cultural, condición que comparte coa fonsagradina Xiana Arias.

Comentarios