viernes. 16.04.2021 |
El tiempo
viernes. 16.04.2021
El tiempo

Un estudo sitúa os galegos como os españois que máis confianza teñen nos medios

Lector de El Progreso. VICTORIA RODRÍGUEZ
Un home le un exemplar de El Progreso. VICTORIA RODRÍGUEZ (AEP)
Ademais, Galicia é tamén o territorio "onde consomen máis información televisiva"

Unha enquisa realizada polo instituto demoscópico GAD3 e a Fundación AXA para o foro Xornalismo 2030 situou a Galicia como a Comunidade autónoma que presenta os maiores datos de confianza e credibilidade nos medios de comunicación tradicionais: prensa, radio e televisión.

Así o recolle un comunicado publicado este xoves por Xornalismo 2030, no que se destaca tamén o alto nivel de consumo de información por parte dos galegos, que demandan máis contido "que o resto do país", especialmente en cuestións locais, sanitarias, culturais, ambientais e políticas.

Segundo os datos deste estudo, Galicia é tamén o territorio "onde consomen máis información televisiva e onde máis credibilidade merecen as noticias" emitidas, a pesar do escaso seguimento –menor á media estatal– dos faladoiros e de "prensa do corazón".

A maior confianza nos medios de comunicación pode estar propiciada –apuntan os impulsores deste informe– pola maior idade media da poboación galega, dado que, conforme aumenta, crece a credibilidade conferida aos medios tradicionais e diminúe a dada aos contidos das redes sociais.

Xornalismo 2030 é un foro alentado por case dous centenares de xornalistas para reflexionar acerca de novas tendencias no mundo da información, que prevé publicar proximamente un libro cos resultados detallados desta enquisa, así como as conclusións dos debates realizados. 

Un estudo sitúa os galegos como os españois que máis confianza...
Comentarios