lunes. 26.07.2021 |
El tiempo
lunes. 26.07.2021
El tiempo

O 'Estrela Michelín' lucense Rafa Centeno abre un novo restaurante en Vigo 

Rafa Centeno.AEP
Rafa Centeno.AEP
Despois do éxito de Maruja Limón, o chef plantexa unha proposta healthy, cunha filosofía less meat para o seu novo proxecto

O empresario e cociñeiro lucense Rafa Centeno impulsa un novo restaurante dentro do centro comercial Vialia Vigo, no que aposta por unha carta healthy "para todos os petos, responsable co planeta e coa saúde dos seus comensais".

Entre as propostas do novo negocio do Estrela Michelín atópanse pratos como Lentellas caviar estofada nun curry de verduras e raíces, 'salmón eco á brasa con aceite de limón fermentado' ou 'ovo de galiña de casa con pataca, ou pisto e costrones de pan'. 

A oferta gastronómica complétase con almorzos e merendas, a súa particular versión de pokes, ou uns ovos benedict na zona de cafetaría. Tamén ofrece produtos de produción propia, como aceites infusionados ou kombuchas de sabores, á venda na súa tenda a calquera hora do día.

O novo restaurante está situado na cabeza arquitectónica da nova praza da estación, coa aspiración ensinar a comer de forma saudable a maiores e pequenos. 

Tralo éxito de Maruja Limón e Maruja Granuja, o chef embárcase neste concepto de restauración xunto ao empresario vigués Raúl Lamarca. 'Centeno' está deseñado para converterse nun punto de encontro para foodies, que gozarán da sala e viaxeiros de paso, que poderán levar a comida a casa ou para o camiño. 

"Facía falta un referente desta corrente de comida saudable en Vigo. Queremos que todos os clientes atopen a súa oferta culinaria dentro de una mesma filosofía: a nosa visión en verde ou Less meat. Os menús estarán valorados por nutricionistas do noso equipo que tamén poderán facer consultorías aos clientes. Queremos facer que coidarse sexa fácil, xa que somos o que comemos", explica Rafa Centeno. 

"Vialia será o punto onde se concentrarán os fitos máis importantes para o desenvolvemento da nosa cidade nos próximos 10 anos. Temos a oportunidade de que miles de persoas gozar comendo produto local e saudable en Centeno", engade Raúl Lamarca, socio do restaurante. 

A inauguración do complexo de Vialia, prevista para setembro de 2021, engadirá á cidade 120.000 metros cadrados de lecer e servizos, que incluirá as estacións de tren e autobús, centro comercial, cinemas e unha gran praza de 23.000 metros cadrados que revitalizará a oferta sociocultural, comercial e turística do sur de Galicia e norte de Portugal. 

Rafa Centeno é o primeiro chef lucense en facerse cunha Estrela Michelín.

O 'Estrela Michelín' lucense Rafa Centeno abre un novo restaurante...
Comentarios