Estrela Gómez: ''En Galicia se descubre un caso de abuso sexual infantil cada 50 días, pero muchos otros se encubren''

Estrela Gómez, ferrolana de 32 anos e coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme), considera que o sistema galego ten taras na loita contra esta problemática.

Pregunta: ¿Como xorde a asociación?
Resposta: Como iniciativa dun grupo de 15 persoas que provimos de ámbitos profesionais da infancia: a docencia, a xudicatura e a pediatría. Hai taras na loita contra o maltrato e non había unha organización de caracter reivindicativo.

P: ¿Cales son os problemas?
R: En primeiro lugar, o maltrato non está suficientemente visibilizado. Temos a impresión de que se dá pouco na nosa sociedade,cando non sabemos detectalos. Por exemplo, en 2008 só se denunciaron 7 casos de abuso sexual a nenos en Galicia, un cada 50 días. En Cataluña houbo 80; non porque ocorra máis alá, senón porque os servizos os descobren.

P: ¿Porque non é máis visible?
R: Moitos casos prodúcense na intimidade do núcleo familiar, e ocúltanse por tabúes e privacidade. Tamén hai deficiencias nos profesionais: os profesores, os pediatras, a xudicatura.

P: ¿E os servizos forenses?
R: Aí hai dous problemas: unha amplísima maioría dos casos non deixan pegada física detectable para os médicos. A evidencia do abuso sexual non perdura máis de 72 horas. Se o caso é tal que non hai proba física, aos psiquiatras do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) non se lles pide estar especializado en psicoloxía infantil nin formación específica.

P
: ¿Que debe cambiar no tocante á Administración?
R: Varias cousas. Por unha banda, que se realicen estudos específicos para saber con exactitude a incidencia do fenómeno. Tamén que se mellore a formación dos profesionais que tratan cos nenos. Por último, a creación de unidades para os casos de maltrato que poidan
tratar a todas as familias por igual, e de xulgados de maltrato a nenos de maneira semellante aos de violencia de xénero.

P: ¿E na sociedade?
R: Seguimos a ser unha sociedade bastante permisiva coa disciplina física, dar un golpe antes de que che falte ao respeto o teu fillo.
Temos tamén que comprometernos a denunciar todos os casos que coñezamos.

''A crise está elevando os maltratos, que non dependen da clase social das familias''
P: ¿Cal é o perfil de maltratador?
R: Non existe. Pode tratarse de alguén integrado socialmente e sen problemas mentais.

P: ¿En que tipo de familias hai máis casos?
P: Semella haber máis casos nos núcleos familiares de estratos baixos, pero débese á maior presenza dos servizos sociais. O maltrato non depende da clase social.

P: ¿Hai máis maltrato agora que antes?
R: Tampouco. O que ocorre é que agora somos menos permisivos e é máis visible.

P: ¿E aumentou coa crise?
R: Si, en tres aspectos. A crise empeora a saúde da situación familiar, xera tensións. Tamén diminúe a calidade de vida dos nenos, e por último, o máis preocupante é a explotación sexual e a pornografía infantil.

P: ¿Cando é maior o impacto para a vítima?
R: Cando o culpable do maltrato é un achegado, e sobre todo se é a persoa da que depende directamente, como un pai.

P: ¿A quen adoitan denunciar os rapaces?
R: A alguén no que confían: o mestre, un avó... O problema é cando a familia non o escoita, non o cre, ou cobre a situación. Hai medo aos servizos sociais, a crenza de que castigan, de que te van sacar os rapaces.

Comentarios